O Grupo Campus 89 da Universidade de Valladolid suma esforzos por Filipinas
O Grupo Campus 89 da Facultade de Traballo Social e Educación da Universidade de Valladolid (UVA), realizou durante esta semana, coincidindo co Día Universal do Neno, diversas accións en favor dos nenos e nenas afectados polo tifón de Filipinas.
Neste sentido, os estudantes do Grupo Campus 89
mobilizaron recursos a través da iniciativa creada por eles mesmosA Piruleta
Solidaria. Así, difundiron información sobre
os dereitos da infancia na Facultade de Traballo e Educación Social
e repartiron piruletas coa mensaxe "Un neno feliz, un neno
con dereitos".
Os recursos conseguidos destinaranse á emerxencia de Filipinas, que afecta xa amáis de 5 millóns de nenos e nenas. UNICEF está a traballar sobre o terreo distribuíndo pastillas potabilizadoras de auga, kits deauga e hixiene, caixas de primeiros auxilios de emerxencia e alimento terapeútico para tratar adesnutrición, e garantindo espazos seguros e saudables para os nenos e nenas.
Segundo Grupo Campus 89 na UVA
Así mesmo, o 20 de novembro conformouse un novo Grupo
Campus 89 na Universidade de Valladolid. Trátase de 70 estudantes da Facultade
de Educación da Universidade de Valladolid que contribuirán ao traballo deUNICEF, realizando accións de
sensibilización e mobilización de
recursos en favor da infancia máis
vulnerable en máis de 150 países e
territorios en desenvolvemento.