O Hotel Roca Negra, en Gran Canaria, súmase á iniciativa Hoteis Amigos

Roca Negra Hotel &Spa asinou un convenio de colaboración a través do cal se sumou á iniciativaHoteis Amigos de UNICEF España, , comprometéndose así a colaborar cos programas de protección e defensa dos dereitos dos nenos do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia.


O establecemento levará a cabo iniciativas, como por exemplo a venda de produtos deUNICEF, para captar fondos cos que apoiar os programas de UNICEF a favor da infancia máis vulnerable en 190 países e territorios en desenvolvemento.


Roca Negra Hotel &Spa encóntrase situado nun enclave privilexiado e tranquilo no norte da illa de Gran Canaria. Dende a dirección do hotel, Massimiliano Giacobbo sinalou que se sente orgulloso de participar nesta iniciativa e considera que, polas características do establecemento, clientes e empregados van responder positivamente.

Os clientes que se aloxen en Roca Negra Hotel & Spa recibirán información da iniciativa máis chegar ao hotel ou a través da súa  páxina web,, e serán invitados a achegar un euro no momento en que realicen o check in (rexistro de entrada). Esta cantidade destinarase integramente a UNICEF España.

Pola súa banda, a Presidenta de UNICEF Comité Canarias, Nereida Castro, subliñou o papel dosector turístico e o seu potencial comoaxente de sensibilización. Tamén destacou a boa acollida que o programa está a ter nas illas.

A adhesión deRoca Negra Hotel & Spa á iniciativa  Hoteis Amigos súmase á realizada por outros hoteis ou grupos hoteleiros de España. Os fondos conseguidos destínanse aos programas de protección de UNICEF na loita contra a explotación sexual comercial infantil no sector turístico. Estímase que entre 500 millóns e 1.500 millóns de nenos e nenas son vítimas de violencia e ao redor de 1,8 millóns de nenos sofren explotación sexual.