'O meu fillo xa non come area'
Mañá conmemórase o Día Universal do Neno, que cada ano recorda a firma da Convención sobre os Dereitos do Neno (1989). Neste aniversario, UNICEF España quere poñer o foco no dereito á supervivencia e o desenvolvemento, un dos dereitos fundamentais da infancia que rexistrou avances notables, como a redución da mortalidade infantil nun 41%. Non obstante, aínda morren 19.000 nenos ao día por causas que podemos evitar.
Para avanzar na loita pola supervivencia e o desenvolvemento, e loitar contra a desnutrición, UNICEF España ten posto en marcha a campaña Cumpledías co obxectivo de trasladar á opinión pública a gravidade da situación que viven millóns de nenos e facilitarferramentas para que calquera persoa contribúa a cambiar esa situación."Ningunha crise xustifica a morte dun só neno por causas evitables" dixo hoxe a Presidenta de UNICEFEspaña, Consuelo Crespo, que presentou o informe O meu fillo xa non come area, un dos exemplos que demostran a eficacia da axuda.
Invertir en desnutrición, un investimento social e rendible
Durante a rolda de prensa, Consuelo Crespo incidiu en que a loita contra a desnutrición é precisamente un exemplo de investimento social e economicamente rendible no futuro dos que posiblemente son os máis vulnerables entre os máis pobres" e agradeceu "aos centos de miles de persoas que apoian o noso traballo coas súas doazóns, ou difundindo a realidade da situación dos nenos, ou exercendo como voluntarios... todas e cada unha das achegas serven á causa da infancia". A desnutrición é causa directa ou indirecta dunha de cada tres mortes infantís. Non obstante, existen solucións para atallar este problema grave e urxente que bota estatísticas como estas:
- 180 millóns de nenos sofrendesnutrición crónica,un estado que mina para sempre o seu desenvolvemento físico e intelectual.
- 20 millóns sofren desnutrición aguda grave, que sitúa os nenos en risco mortal.
- En África Subsahariana, ao redor dun millón de nenos morren ao ano por causas relacionadas coa desnutrición.
UNICEF ten o obxectivo de lograr que estas mortes pasen a ser cero, e existen solucións pouco custosas que se están a aplicar, con resultados como estes:
- En 1990 morreron por causas evitables 12,5 millóns de nenos, en 2011esta cifra foi de 6,9 millóns.
- Só noSahel, no que vai de ano conseguimos que máis de 576.000 nenos poidan ser tratados contra a desnutrición.
- Mauritania conseguiu reducir á metade a incidencia da desnutrición crónica.
Segundo un informe do Banco Mundial, poñer fin á desnutrición infantil no mundo custaríalle aos doadores ao ano 10.300 millóns de dólares.
‘o meu fillo xa non come area’
Tomando o seu título dunha frase que repiten moitas nais en Mauritania, o informe O meufillo xa non come area reflexa os resultados da axuda que chega a millóns de nenos, grazas a que o Goberno mauritano situou a loita contra a desnutrición entre as súas prioridades e conta co apoio de organizacións internacionais como UNICEF. O informe demostra como funciona a axuda e pon sobre a mesa un modelo de cooperación que, no caso deMauritania, se traduce en 87.000 nenos que se salvaron da desnutrición crónica. Mauritania conseguiu reducir a desnutrición crónica á metade e, aínda que un de cada catro menores de 5 anos segue sufríndoa, no resto de África este dato é superior. A estratexia de Mauritania para loitar contra a desnutrición infantil,ha situado a este país na vangarda da loita contra a fame e en referente para outros países. España foi motor esencial deste avance, a través da Cooperación Española e da contribución de socios e doadores de UNICEFEspaña.
‘Cumpledías’
"Non podemos virar as costas a un problema tan grave de supervivencia e desenvolvemento", sinalou Consuelo Crespo esta mañá. Para seguir facendo fronte á loita pola
supervivencia infantil,UNICEF España presenta a campaña Cumpledías, que pon a disposición da sociedade información sobre a situación, as súas solucións e os seus resultados, así como fórmulas para contribuír a esas solucións.Cumpledías parte da base de que todos os nenos do mundo teñen dereito a cumprir anos pero en moitos lugares, a súa situación é tan precaria que cumprir días xa é un motivo de alegría pola supervivencia.
Calquera persoa pode participar na campaña a través da web www.cumpledias.com, onde se propoñen accións de difusión e opcións de doazón; ou enviando un SMS coa palabraUNICEF ao 28028. Ata o momento,Cumpledías xa conta co apoio de medios de comunicación de toda España e máis de 300 empresas e entidades deportivas.
CadaSMS enviado equivale ao custo dun día de tratamento contra a desnutrición aguda para un neno. O tratamento completo, o que saca un neno da desnutrición aguda, dura entre 4 e 6 semanas e custa uns 42 euros.Os fondos conseguidos con Cumpledías serán destinados aos programas de supervivencia infantil de UNICEFnos países en desenvolvemento.