O Museo Guggenheim acolle as xornadas 'Isabel Muñoz: viaxes polo mundo'

O Museo Guggenheim Bilbao levará a cabo o próximo día 17 de novembro, de 10:00 a 18:00 horas, unha completa xornada de actividades para todas as idades titulada Isabel Muñoz: viaxes polo mundo. Visitas guiadas, encontros, talleres, e mesmo un particular photocall nunha xornada educativa en torno á fotografía.

O proxecto complétase cunha selección de imaxes do proxecto Infancia. Fotografías de Isabel Muñoz, o particular retrato da situación da infancia no mundo que a fotógrafa española desenvolveu xunto a UNICEF.

"Un traballo sobre a esperanza"

"O proxecto trae a realidade dos países a través da arte e a comunicación", afirma Consuelo Crespo, Presidenta de UNICEF España, durante a presentación das Xornadas, na que tamén participaron Isabel Muñoz e Juan Ignacio Vidarte, Director do Museo Guggenheim Bilbao.

Isabel Muñoz afirmou que este proxecto lle permitiu coñecer "o poder de soñar a pesar de estar a vivir a realidade máis tremenda". "Acabou sendo un traballo sobre a esperanza".

Ademais, o Museo acollerá, do 17 de novembro ao 2 de decembro, unha selección de instantáneas e audiovisuais do proxecto Infancia. Fotografías de Isabel Muñoz recollidos durante as viaxes. Imaxes belas e sobrecolledoras de nenos que aínda que viven encondicións duras, están cargados de sonos e ilusións, que se intercalarán a tamaño real ao longo da sala103B, facendo que a experiencia de aproximación á realidade destes nenos e os seus dereitos sexa máis impactante para os visitantes do Museo que poderán descubrir os retratos camiñando entre eles.  

 

Infancia. Fotografías de Isabel Muñoz

Uganda, Colombia, Moldavia, Xapón, Filipinas, Níxer, Suecia, Belice...Y, así, ata vinte países de todo o mundo visitou Isabel Muñoz, unha das fotógrafas españolas máis internacionais, para retratar con gran maxia e sensibilidade a situación da infancia a nivel internacional. Este proxecto tivo a súa orixe nun monográfico queEl País Semanal elaborou en colaboración con UNICEF España, para conmemorar o 20º aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno.