O papel das empresas turísticas na loita contra a explotación sexual infantil

"As empresas turísticas desempeñan un papel clave na defensa dos dereitos humanos e da loita contra a explotación infantil". Con estas palabras comezaba o Secretario Xeral da Organización Mundial do Turismo, Taleb Rifai, a súa intervención nunha mesa debate que tivo lugar onte en Maspalomas, Gran Canaria, na que participaron empresarios turísticos e expertos do sector terciario.

No encontro, que se enmarca dentro das actividades organizadas polaOrganización Mundial do Turismo, OMT, con motivo do Día Mundial do Turismo, que se conmemora hoxe, reflexionouse sobre o valor das empresas turísticas na defensa dos dereitos dos nenos, especialmente na loita contra a explotación sexual infantil.Organizada por UNICEF España e a Federación de Asociacións para a Prevención do Maltrato Infantil,FAPMI, durante a xornada presentáronse ademais algúns dos resultados obtidos tras a posta en marcha do Código de Conduta ECPAT para a Protección da Infancia contra a Explotación Sexual na Industria do Turismo e as Viaxes. ECPAT é unha rede de organizacións e individuos que traballan conxuntamente para a erradicación da prostitución infantil, a pornografía infantil e o tráfico de nenos e nenas con fins sexuais.Ata o momento, un total de 8 empresas españolas líderes do sector turístico asinaron o documento, algo que é "realmente moi valioso xa que os nenos son suxeitos de dereito e loitar contra a súa explotación é un deber das empresas", como asegurou Consuelo Crespo, Presidenta de UNICEF durante a súa intervención.

 
Pero ademais do compromiso formal, "as empresas turísticas deben involucrar a todos os traballadores para detectar calquera abuso nos hoteis" aseguro Lourdes Ripoll, representante da cadea Sol Meliá. Neste sentido, María Jesús Conde, Representante de UNICEF en República Dominicana resaltou que "UNICEF formou miles de empresarios e traballadores turísticos para que poidan descubrir calquera caso de explotación no seu lugar de traballo, ou nas súas comunidades. " Calcúlase que cada ano son captados polas redes máis dun millón de nenos en todo o mundo, sendo obrigados a prostituírse. Segundo UNICEF,máis de 100 millóns de nenos son forzados a manter relacións sexuais ou son vítimas de violencia e explotación sexual, unha situación que está ligada á pobreza, os conflitos armados, os grandes movementos de poboación, etc. "Os menores non acompañados son especialmente vulnerables ao risco de sufrir abusos sexuais", asegurouConde.

 
De acordo con FAPMI, aexplotación sexual infantil é o terceiro negocio ilegal máis lucrativo do mundo, por detrás do tráfico de armas e de drogas, sendo cada vez máis importante debido á alta rendibilidade económica que supón para as mafias internacionais. "E é un negocio que crece de xeito constante, algo que preocupa ao sector turístico," destacou María Martínez, directiva de FAPMI. Nacións Unidas recoñece o importante potencial da industria turística para contribuír ao desenvolvemento económico e social, aliviar a pobreza e mellorar a calidade e as oportunidades de vida de millóns de nenos. Por esta razón, Isabel Garaña, Responsable da OMT para Europa destacó o feito de que "116 países de todo o mundo adaptasen a súa lexislación ao código ético promovido pola Organización Mundial do Turismo eUNICEF, co que reafirman o seu compromiso de atallar esta situación que vulnera os dereitos máis fundamentais. " Pero ademais de contribuír a mellorar a situación na que viven miles de nenos, "a posta en marcha de iniciativas como estas, que involucren empresas, traballadores, provedores e directivos, enmarcadas dentro da responsabilidade social corporativa, representan unha oportunidade para innovar e transformar sociedades. " O debate concluíu coa intervención de Fernando Fraile, Presidente da Federación de Empresarios do Hostalaría e Turismo da Provincia de Las Palmas quen aseguro que "a explotación infantil nos afecta a todos, aconteza onde aconteza. E todos debemos combatela. "