O papel das mulleres no desenvolvemento
SM a Raíña preside o coloquio 'O papel das mulleres na loita polo desenvolvemento'A súa Maxestade A Raiña Doña Sofía presidiu hoxe o almorzo coloquio O papel das mulleres na loita polo desenvolvemento celebrado con motivo do 50 aniversario de UNICEF España. No encontro, participaron representantes de UNICEF en Afganistán, Liberia e República Dominicana, os cales expuxeron a situación da infancia e das mulleres nos seus respectivos países de traballo.
Ademais, tamén interviñeron a Secretaria de Estado de Cooperación Internacional,Soraya Rodríguez e a Presidente deUNICEF España, Consuelo Crespo e asistiron case un centenar de convidados. Consuelo Crespo, comezou o coloquio asegurando que "cando a muller ten posibilidade de desenvolver as súas capacidades, o seu potencial é tan grande que os beneficios transcenden o ámbito local, contribuíndo dende á redución da pobreza e a fame, ata a mellora da saúde mundial e a sostibilidade do medio. "
“Traballamos para os máis pobres entre os pobres”
A responsable de inmunización de UNICEF en Afganistán,Carmen Garrigós, relatou os esforzos que realiza a organización naloita para erradicar a
poliomielite no país e sensibilizar as autoridades locales sobre a importancia das vacinas. "Sinto que o noso traballo axuda a reducir o sufrimento", asegurou.Pola súa banda, a responsable de UNICEF en Liberia,Isabel Crowley, destacou que "traballamos para os máis pobres entre os pobres" nun país onde máis dun terzo da mortalidade infantil se atribúe ádesnutrición materno-infantil. Por esa razón, os esforzos da organización céntranse en reducir a vulnerabilidade das mulleres e os nenos, así como en garantir o desenvolvemento da infancia nun ámbito seguro e de paz.
A Representante deUNICEF en República Dominicana,María Jesús Conde, recordou que no país caribeño hai case catro millóns de nenos. "Traballamos para dar acceso a servizos básicos aos máis desfavorecidos", recordou na súa intervención. "Para impulsar cambios, UNICEF usa evidencias e técnicas probadas, non se xoga a proba-erro", subliñou. Ademais, Conde tivo a oportunidade de explicar os programas postos en marcha por UNICEF para combater a mortalidade materno-infantil, o analfabetismo e o abuso e a violencia contra os menores.
Tras expoñer as tres representantes, a Directora Executiva de UNICEF España, Paloma Escudero concluíu recordando que "os avances na igualdade da muller inflúen positivamente no desenvolvemento e a mellora das condicións de vida da infancia".
O acto tivo lugar en Westin Palace, que organizou o acto sen custo paraUNICEF.