O Regalo Azul de UNICEF en Perfumarías If

Perfumarías If lanzou unha campaña do Nadal a favor de UNICEF co obxectivo de dar a coñecer o Regalo Azul aos seus clientes e conseguir fondos para a loita contra a poliomelite. 

A polio é unhaenfermidade viral moi contaxiosa que afecta ao sistema nervioso. Os nenos pódense infectar ao comer alimentos ou beber substancias contaminadas co virus, que pode danar as súas células e causar parálise .

A polio é incurable, pero pode previrse coa vacinación. Aínda son 2,7 millóns de nenos os que non recibiron nin unha soa dose da vacina.

Nesta ocasión, o apoio de Perfumarias If e os seus clientes contribuirá á vacinación de miles de nenos e nenas contra esta enfermidade. Este Nadal, todos os clientes que envolvan os seus regalos nas Caixas Solidarias dispoñibles en calquera Perfumaría If estarán a contribuír ao Regalo Azul de UNICEF e á protección dos nenos fronte á polio.

A cadea comprometeuse a doar a UNICEF os beneficios conseguidos coa venda do seu empaquetado especial 2012.

FORMAS DE COLABORAR

Pódese colaborar nesta acción solidaria a través das case 300 tendas quePerfumerías If ten en España e Andorra, ou visitando a súa  tenda on line Alí ofrécese tamén a opción de colaborar directamente coa compra dun Regalo Azul deUNICEF, engadindo unha doazón á cesta de compra de produtos.  
 
Regalo Azul de UNICEF é un regalo único e cheo de maxia. Son vacinas, lapis ou alimento terapéutico queUNICEF leva aos nenos que máis o necesitan.