O traballo infantil socava o progreso cara ao logro dos ODM

O 40% das persoas que non teñen emprego no mundo son mozos, unha estatística que non pode separarse dos 215 millóns de nenos que son vítimas de   traballo infantil  .

 

"O traballo infantil socava sistematicamente o progreso cara ao logro dos ODM como a redución da pobreza, a educación, o VIH / SIDA e a igualdade de xénero. Se non somos capaces de derrotar o traballo infantil, non somos capaces de alcanzar os ODM e fallaremos no cumprimento do dereito dos nenos á protección e a un futuro mellor", Joanne Dunn, Asesora Superior de Protección, Traballo Infantil. Dos 215 millóns de nenos que son vítimas de traballo infantil, 115 millóns fano en condicións perigosas.  

o traballo infantil reduce as posibilidades de saír da pobreza

O traballo infantil ten un grande impacto na educación dos nenos (tanto en taxas de matriculación coma no rendemento escolar). É menos probable que os nenos que traballan demasiadas horas, ou en condicións perigosas, se matriculen, rendan no colexio e completen a súa educación. Todo isto reduce as súas posibilidades de saír da pobreza.Por esta razón, velar porque todos os nenos e nenas vaian á escola e reciban unha educación de calidade son as claves para previr o traballo infantil.