Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable: coñece 4 retos aos que se enfronta España

Seguro que moitos de vós xa ouvistes falar dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, as metas que vai aprobar a Asamblea Xeral das Nacións Unidas para mellorar o mundo no que vivimos nos próximos 15 anos.

Este plan a nivel mundial pretende reducir, mesmo eliminar, os grandes problemas aos que se enfronta a humanidade. Os países teñen a oportunidade de darlle a volta á situación a través do seu compromiso coa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable
 
E en España, como de lonxe estamos de alcanzar os ODS? O informe España fronte aos retos da Axenda de Desenvolvemento Sustentable, no que colaboramos desde UNICEF, non marca un punto de partida demasiado alentador. Resumímosvos 4 grandes retos aos que se enfronta o noso país de face aos ODS. 
  • Pobreza. En 2014, o 29,2% da poboación española estaba en risco de pobreza e exclusión social; deles un 35,8% eran menores de 18 anos. 
  • Desigualdade de xénero. A brecha salarial de xénero no noso país é das maiores da Unión Europea.
  • Medio ambiente. A implementación do protocolo de Kioto na emisión de gases invernadoiro tivo un débil percorrido.
  • Cooperación ao Desenvolvemento. España está á cola do Comité de Axuda ao Desenvolvemento xa que, nestes momentos, a Axuda Oficial ao Desenvolvemento do noso país só supón o 0,14% do PNB.

ODS: ESPAÑA TERÁ QUE REDUCIR A POBREZA A MeTADe PARA 2030

O informe sinala que, para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, España terá que reducir a menos de 5 millóns o número de persoas en risco de exclusión social nos próximos 15 anos. Isto suporía diminuír os niveis de pobreza á metade
 
Para conseguir este obxectivo, desde UNICEF e Oxfam Intermón propomos medidas como un sistema de garantía de ingresos mínimos ou medidas fiscais progresivas. Todo iso sen descoidar aAxuda Oficial ao Desenvolvemento, que debería incrementarse até o 0,7% do PNB e que permitirá aos países en desenvolvemento cumprir esta Axenda. 

PACTO DE ESTADO PoLA INFANCIA: REDUCIR A POBREZA INFANTIL é POSIBLE

En UNICEF estamos especialmente preocupados polos niveis de pobreza infantil do noso país. Segundo o informe, España ten que reducir a menos de 1,1 millóns o número de nenos en risco de pobreza ou exclusión social.
 
Para iso propomos a adopción dunPacto de Estado pola Infancia que inclúa unaumento do gasto social, axudas universais por fillo ou a mellora de axudas e servizos públicos para a infancia, especialmente a máis vulnerable.

“Investir na infancia é imprescindible", afirma Javier Martos, director executivo de UNICEF Comité Español, "non só para garantir o benestar e os dereitos dos nenos hoxe, senón tamén para asegurar o futuro das sociedades, como recoñece a Axenda 2030". 

 
Reducir a pobreza infantil e alcanzar unha das metas dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio é posible. Únete á nosa petición dun Pacto de Estado pola Infancia!