ODM: cúmprese a meta sobre auga potable

O mundo cumpriu a meta do Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio (7) sobre auga potable: reducir á metade a proporción de persoas sen acceso á auga potable. E logrouse moito antes da data límite establecida en 2015, segundo un informe  publicado hoxe por UNICEF e a Organización Mundial da Saúde (OMS).

Entre 1990 e 2010,máis de 2.000 millóns de persoas obtiveron acceso a fontes melloradas de auga potable, como por exemplo subministración de auga por medio de canalizaciónse pozos protexidos.O Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, dixo:"Hoxe recoñecemos un gran logro para os pobos do mundo. Trátase dunha das primeiras metas dos ODM que se cumpriron. O éxito nos esforzos para proporcionar un maior acceso á auga potable é un testemuño para todos aqueles que consideran os ODM non como un sono, senón como unha ferramenta vital para mellorar as vidas de millóns das persoas máis pobres".  

En 2015, o 92% da poboación mundial terá acceso á auga potable

O informe, Progress on Drinking Water and Sanitation 2012(Progreso sobre a auga potable e saneamento 2012),publicado polo Programa Conxunto para a Monitorización do Abastecemento de Auga e Saneamento, deUNICEF e a OMS, di que a finais de 2010 un 89% da poboación mundial, ou 6.100 millóns de  persoas, utilizaban fontes melloradas de auga potable.

Trátase dun1% máis que a cifra que se indicaba na meta dosODM, un 88%. O informe estima que, en 2015, o 92% da poboación mundial terá acceso á auga potable.  

"Especialmente para os nenos, esta é unha boa noticia", dixo o Director Executivo deUNICEF, Anthony Lake. " Máis de 3.000 nenos morren todos os días a causa das enfermidades diarreicas. O logro deste obxectivo será moi importante para salvar as vidas dos nenos".

Lake advertiu que aínda non é posible declarar vitoria, xa que polo menos o 11% da poboación mundial -783 millóns de persoas- non ten acceso aínda á auga potable, e miles de millóns non reciben aínda servizos de saneamento. "As cifras seguen sendo abafadoras", dixo, " pero os progresos anunciados hoxe son unha proba de que os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio se poden cumprir con vontade, esforzo e financiamento".

Máis esforzos para lograr a meta ol saneamento

O informe destaca, non obstante, que o mundo está aínda lonxe de alcanzar a meta de saneamento dos ODM, e é improbable que o faga para o ano 2015.   Só o 

63% doshabitantes do mundo teñen acceso a un saneamento mellorado, unha cifra que soamente aumentará a un 67% en 2015, moi por debaixo do obxectivo do75% que figura nos ODM. Na actualidade, 2,5 millóns de persoas aínda carecen de saneamento axeitado. 

 
UNICEF e a OMS tamén advertiron que é preciso realizar esforzos considerables para garantir que as fontes melloradas de auga sexan e sigan sendo seguras. "A auga, o saneamento e a hixiene mellorados son a clave para impulsar a saúde e o desenvolvemento humanos", dixo a Directora Xeral da OMS, Margaret Chan. Hoxe en día, mesmo a pesar deste interesante progreso," case o 10% de todas as enfermidades seguen vinculadas á mala calidade da auga, do saneamento e da hixiene. O informe pon de relevo os enormes problemas que aínda quedan por resolver. As cifras globais ocultan grandes disparidades entre rexións e países, e dentro dos países.

África subsahariana, a rexión que máis sofre a falta de acceso á auga potable

Só o 61% dos habitantes de África subsahariana ten acceso a fontes melloradas de abastecemento de auga en comparación co 90% ou máis en América Latina e o Caribe, África do Norte e gran parte de Asia.Máis do 40% de todas as persoas no mundo que carecen de acceso á auga potable viven en África subsahariana.  

 
O informe confirma que nos casos en que non é posible acceder doadamente ao abastecemento de auga, a carga de transportar a auga recae de xeito desproporcionado nasmulleres e nenas. En moitos países, o acceso á auga e saneamento mellorou en boa medida entre a poboación máis rica, mentres que os máis pobres aínda se encontran moi demorados. Nas zonas rurais dos países menos adiantados, 97 de cada 100 persoas non teñen auga entubada e o 14% da poboación bebe auga de superficie, como por exemplo dos ríos, estanques ou lagos.

 
Dos 1.100 millóns de persoas que aínda practican a defecación ao aire libre, a gran maioría (949 millóns) vive en zonas rurais. Isto afecta mesmo ás rexións con altos niveis de acceso a auga mellorada. Por exemplo, o 17% da poboación rural de América Latina e o Caribe e o 9% do norte de África aínda defecan ao aire libre. Mesmo nos países con economías de rápido crecemento hai un gran número de persoas que practican a defecación ao aire libre: 626 millóns na India, 14 millóns en China e 7,2 millóns no Brasil.