Oriente Medio: os nenos refuxiados necesitan axuda para sobrevivir ao duro inverno
A maioría de nenos refuxiados viven en tendas de campaña a grande altura improvisadas, de consistencia feble, e nelas tratan de gorecerse dos ventos implacables de conxelación, as fortes chuvias e as neves.
Dende UNICEF, coa axuda de aliados e outras ONG, estamos a distribuír roupa de abrigo para os nenos, mantas, lonas, e galletas de alta enerxía. De momento logramos chegar a 75.000 nenos refuxiados sirios, libaneses e palestinos. Os nosos equipos móbiles de saúde en emerxencias trataron por agora máis de 1.600 pacientes en asentamentos informais.
Líbano: "Debemos actuar para evitar traxedias que poden previrse"
Este inverno, dende UNICEF investiremos máis de 9 millóns de euros para asistir a 456.500 nenos vulnerables sirios, libaneses e palestinos. 160.000 nenos recibirán kits de roupa de inverno; 135.000 nenos vales de roupa de inverno; 155.000 nenos beneficiaranse de combustible para calefacción en 583 escolas públicas; 6.500 nenos das medidas de mitigación de inundacións en asentamentos informais.
Iraq: a neve dificulta o reparto das subministracións
Dende UNICEF, co apoio doutras ONG como Save the Children, xa subministramos máis de 200.000 kits de roupa de inverno a nenos en áreas de difícil acceso. Os kits de inverno conteñen abrigos, gorros e botas. Ademais, distribuímos 7.000 mantas térmicas. Estas iniciativas foron deseñadas para chegar ás comunidades máis vulnerables, en particular as que viven en altitudes elevadas, onde as baixas temperaturas e a neve chegan pronto, e tamén ás familias que viven en edificios sen rematar e as zonas cun alto número de familias desprazadas.
"En condicións nas que os nenos sufriron -nalgúns casos dende hai anos- violencia e exclusión de servizos básicos como o ensino, é inaceptable que non teñan zapatos, abrigos ou gorros apropiados para a tempada de inverno," explica Marzio Babille, representante de UNICEF en Iraq.
Sirya: protexer do frío os nenos nos campos de Za’atari e Azraq
Esta axuda en efectivo de pagamento único por parte de UNICEF, chegará a nenos de case 13.000 familias vulnerables nos dous campos de refuxiados e poderá utilizarse para comprar, ata o 31 de xaneiro, roupa de inverno, como botas, luvas, pantalóns, abrigos e bufandas, en establecementos aliados do PMA nos campos.
"É fundamental que aseguremos que os nenos están protexidos fronte ás duras condicións climatolóxicas para que, deste modo, permanezan sans e activos e poidan seguir asistindo á escola", explica Robert Jenkins, representante de UNICEF en Xordania.
O programa de inverno de UNICEF en Xordania está a chegar a máis de 102.000 nenos vulnerables nesta época do ano en alianza con ACNUR, PMA e ONG asociadas. O programa de axuda en efectivo e o apoio fronte á tempada de inverno foi posible a través da colaboración dos gobernos de Alemaña, Canadá, e Estados Unidos a través do departamento de Estado de Poboación, Refuxiados e Migración.
Se podes, axuda aos nenos de Sirya e a rexión.
Emergencia en Siria
Millones de niños y niñas atrapados en el conflicto te necesitan. Dona ahora.
