Os aliados de UNICEF mostran o seu compromiso coa infancia
UNICEF España celebrou onte o III Encontro de Aliados de UNICEF no Hotel Meliá Castilla de Madrid, un encontro que contou coa participación de máis de 100 persoas, representantes de máis de 60 empresas aliadas e colaboradoras de UNICEF.
Para UNICEF contar co apoio dasempresas é vital, xa que poden converterse en auténticos axentes de cambio social. AsAlianzas Corporativas constitúen un compromisoconxunto orientado á promoción de valores, de dereitos e de transformación social, moito máis alá do mero financiamento económico.Imanol Arias, Embaixador deUNICEF España, moderou o encontro, dende a súa implicación persoal e o seu compromiso. Interpelou a todos a traballar dende a emoción e a implicaciónde cada persoa na defensa dos dereitos dos nenos, porque as empresas e as organizacións están formadas por persoas, e cando se traballa dende a emoción, somos capaces de mobilizar e de transformar o mundoConsuelo Crespo, Presidenta de UNICEFEspaña, Paloma Escudero, Directora Executiva da organización, eAndrés Conde, Director de Campañas explicaron na súa intervención comoestá a actuar UNICEF no contexto internacional actual e cales son osprincipais retos aos que nos enfrontamos. Paloma Escudero destacou como principais retos a innovación, as alianzas sectoriais, as alianzas público-privadas para o desenvolvemento, especialmente en América Latina, o enfoque dos dereitos da infancia na Responsabilidade Social Corporativa e por suposto a equidade, mostrando como en todas as nosas actuacións o noso principal compromiso é cos nenos máis vulnerables do mundo.Finalmente resaltou que a crise económica está a ter uns efectos aínda máis adversos nos países máis vulnerables e son eses nenos quen máis están a sufrir as súas consecuencias, e a importancia de que, aínda no contexto actual, non podemos abandonar aos países de pobreza extrema para non retroceder nos logros conseguidos en cooperación.
a implicación das empresas
Lourdes Ripoll, Sénior Vicepresident de Estratexia e Sostibilidade deMeliá Hotels International, explicou a alianza de Meliá, dentro da estratexia de UNICEF co sector turismo, Hoteis Amigos. Meliá liderou fitos como o impulso da firma do Código ECPAT (Código de Conduta da industria do turismo contra a explotación sexual comercial infantil) e puxo en marcha iniciativas de sensibilización entre clientes e empregados conseguindo involucrar o 90% dos hoteisMeliá e a miles de clientes e empregados en accións a favor de programas de protección da infancia en todo o mundo. No encontro púxose de relevo a alta participación das empresas aliadas de UNICEF e a súa excelente capacidade emprendedora con accións a favor da infancia, o que fai que UNICEF España se sinta orgullosa do traballo conxunto. As experiencias de traballo en acción social, de mobilización de clientes e empregados, de retos a favor da infancia son inspiradoras para seguir traballando xuntos por cambiar a vida de millóns de nenos.