Os mozos participan na construción dun novo Exipto

Os mozos tiveron un gran protagonismo nos cambios que se están a producir en Exipto. O obxectivo de UNICEF no país é fomentar a súa capacidade de participación proporcionándolles máis ferramentas e oportunidades.

"Temos que aproveitar esta excelente oportunidade e seguir traballando sobre este descuberto espírito revolucionario que os mozos exipcios crearon", dixo o Embaixador de UNICEF exipcio, Khaled Abol Naga.

"Debemos unirnos como sociedade para canalizar esta enerxía cara á construción dun Exipto libre, moderno, orgulloso e socialmente xusto coa participación dos nosos mozos", engadiu.

Amira, un exemplo de participación xuvenil

"Agora podo soñar con ser parte do desenvolvemento do meu país. Temos un novo espírito, un novo Exipto", afirmou Amira, unha estudante de instituto de 18 anos. "Os mozos liderarán este país con novas ideas, utilizando a última tecnoloxía".

O 20% dapoboación de Exipto ten entre10 e 19 anos. Os adolescentes xogaron un rol esencial non só nas manifestacións, senón tamén na prevención de saqueos e roubos tras a falta de seguridade no seu país.

Despois de que as forzas policiais se retirasen das rúas o 28 de xaneiro, os mozos uníronse para protexer as súas veciñanzas e fogares dos miles de presos que escaparon. Organizaron os denominados "comités populares" para protexer as súas casas. "Isto uniunos máis", explicou Hassan Morsi, de 19 anos.

Os mozos protexen o seu país

[]

A medida que as protestas se intensificaron, os mozos formaron unhacadea humana arredor do Museo Exipcio en O Cairo e arredor da Biblioteca de Alexandría para evitar saqueos.

Ademais, despois da noite de celebracións, Samah Yehia, de 17 anos, xunto con outros compañeiros dedicáronse alimpar parte de O Cairo. Levaron vasoiras, fregonas, cubos, cepillos e latas de pintura que compraron cos seus aforros. Para Samah é a súa "pequena contribución" aos cambios que acontecen no seu país.

Construír un novo Exipto cos mozos

Moitos mozos exipcios, ante a falta de instrumentos para expresar as súas queixas e preocupacións, utilizaron os medios sociais, como Facebook e Twitter, para coordinar o levantamento.

Na actualidade, hai moitos grupos activos de mozos usando os medios sociais para dar a súa visión sobre o futuro de Exipto, esperando que este debate de ideas se traduza nunha maior participación dos mozos na construción dun novo Exipto.