Os nenos afectados pola crise no Corno de África reciben apoio de UNICEF España

Debido á gravidade da emerxencia nutricional no Corno de África, UNICEF España ten enviado 100.000 euros recibidos grazas ás achegas de doadores públicos e privados.

Con iso contribuirase a paliar os efectos da crise nutricional que afecta a máis de dous millóns de nenos, entre os que hai 500.000 en inminente risco de morte.

Esta cantidade destinarase a programas que UNICEFestá a levar a cabo na zona e que están orientados a:

  • Tratar a desnutrición aguda a través de alimentación terapéutica .
  • A subministración de medicinas e vacinas para previr enfermidades.
  • Mellorar o acceso a auga potable.
  • Apoio de programasde educación e deprotección da infancia.


O sector público e privado son aliados clave deUNICEF, no traballo realizado en defensa dos dereitos da infancia, xa que coas súas doazóns contribúen a cambiar a vida de millóns de nenos.

Somalia, o epicentro da emerxencia

Esta crise foi recoñecida como a máis grave a nivel mundial e a peor que afrontou a zona nos últimos 60 anos.

Etiopía, Somalia, Djibouti e Kenya son os países que sofren o triplo azoute da seca, a suba do prezo dos alimentos e o conflito armado en Somalia. Estes factores, que se veñen agravando dende o mes de outubro pasado, provocaron que a vida de máis de 11 millóns de persoas estea en risco.O epicentro da traxedia está enSomalia, onde no sur se rexistran taxas de desnutrición infantil de ata o 80%. Neste país, UNICEF coñece de preto os afectados pola traxedia.

A historia de Nimco

Nimco Mohamed Hassam, ten 25 anos e tres nenos de 5, 4 anos e 5 meses. Vivía na rexión de Bay, ao sur do país, de onde tivo que fuxir a finais de xuño. Fómonos porque a zona non era segura e pola seca", recoñeceuNimco. Tardaron 15 días en facer o traxecto. Está especialmente preocupada pola saúde do seu neno de 4 anos, que está desnutrido

Conta que o estivo a levar a un ambulatorio de alimentación terapéutica apoiado porUNICEF para facer seguimento e recibiu comida especial altamente calorífica. O seu peso era de 6.4 quilos o 27 de xuño, 7 quilos o 4 de xullo e 7.5 quilos o 11 de xullo. Aínda que o neno aínda sofre de desnutrición moderada está a salvo e crecendo cada semana, grazas ao apoio que doadores públicos e privados dan a UNICEF.

Necesidade de fondos: 21,91 millóns de euros

UNICEF realizou unha petición de fondos de31 millóns de dólares (21,91 millóns de euros)para cubrir os custos das operacións máis urxentes. A seca que azouta estes países está a provocar unha situación de desnutrición severa que pode empeorar xa que non se prevén melloras nas condicións de seguridade alimentaria ata comezos de 2012. Así mesmo pediu unha expansión inmediata da axuda para que chegue ás comunidades afectadas pola seca e atender as necesidades de máis de dous millóns de nenos que sofren as consecuencias desta grave crise no Corno de África.