Os nenos no Debate sobre o Estado da Nación
No actual contexto económico, estanse a tomar decisións que afectan de xeito directo á infancia. Os nenos e as nenas non poden ser os máis afectados por unha crise da que non son responsables, e a realización dos seus dereitos debe incluírse na axenda política.
Por iso, UNICEF España e Save the Children Children fixeron chegar a todos os grupos parlamentarios O presente dos nenos e as nenas é o futuro de todos, un documento cunha serie de propostas para que sexan abordadas no Debate sobre o Estado da Nación, co fin de facer fronte á pobreza infantil e de combater a violencia contra a infancia en España.
Ambas as dúas organizacións formulan que en España, a violencia contra a infancia é unha realidade pouco coñecida e documentada que non se percibiu ata agora como un problema social grave. Non obstante, previr as distintas formas de violencia contra os nenos e as nenas require unha atención específica, axeitada e coordinada por parte de todas as Administracións Públicas.
Proposta para combater a violencia contra a infancia
Por outra parte, dado o impacto que a crise está a ter nos niveis de pobreza infantil e as dificultades das familias con nenos ao seu cargo, dendeUNICEF España e Save the Children proponse que se concrete ocompromiso do Goberno de establecer medidas orientadas a loitar contra a pobreza infantil, dotándoas dos recursos necesarios.
Proposición non de Lei sobre redución da pobreza infantil
Ademais, a Proposición argumentaba que "os beneficios de protexer á infancia non só afectan aos nenos e as súas familias, senón que constitúen a mellor medida para garantir unha sociedade cohesionar e sostible no medio e longo prazo".
UNICEF España e Savethe Children propuxeron aos grupos parlamentarios a aprobación de medidas concretas como o incremento do importe e a ampliación da cobertura das axudas por fillo a cargo da Seguridade Social, a mellora substancial da cobertura de bolsas de comedor e de libros que garantan o acceso á educación en condicións de igualdade, e que se melloren as condicións de nutrición dos nenos en fogares pobres.