Os partidos políticos deben apostar pola infancia
Por Gabriel González-Bueno Uribe, Responsable de Dereitos da Infancia de UNICEF España
As eleccións deste ano, o próximo 20 de novembro, coinciden coa celebración do Día Internacional do Neno, e cun escenario nacional e internacional complexo, tanto dende o punto de vista económico como social, que formula aos partidos políticos a necesidade de ter en conta moitas variables nos seus programas electorais.
Dende UNICEF España achegámonos aos representantes dos partidos máis representativos para pedirlles unha aposta polos nenos, pola inclusión dos seus dereitos e necesidades nos programas electorais. Cremos que é o momento deapostar por un modelo social de apoio ás familias e aos nenos. Garantir o seu benestar actual e o seu desenvolvemento futuro é agora máis necesario que nunca.As dúas propostas principais que desenvolvemos teñen que ver coa elaboración dun Plan Nacional contra a Pobreza Infantil e co mantemento dos compromisos de España coaAxuda Oficial ao Desenvolvemento e osObxectivos de Desenvolvemento do Milenio.O Plan Nacional contra a Pobreza Infantilpermitiría unha acción coordinada, complementaria e eficaz das administracións para reducir a cifra de dous millóns de nenos que viven en España en fogares con ingresos por debaixo do albor de pobreza. Ademais destas dúas accións básicas, formulamos 10 propostas adicionais baseadas, na súa maioría, nas recomendacións que o Comité dos Dereitos do Neno de Nacións Unidas fixo ao noso país en setembro do ano pasado e en acordos subscritos por un amplo abano de partidos políticos como o Pacto de Estado contra a Pobreza de 2007 e os Pactos por Infancia subscritos a nivel autonómico en Andalucía, Cantabria, Cataluña, Extremadura, Galicia e La Rioja durante 2010 e 2011.