Os pasaxeiros de easyJet poderán apoiar os programas de loita contra a polio de UNICEF
Por terceiro ano consecutivo, a aeroliña easyJet lanza a campaña de verán Change for Good co fin de conseguir fondos para axudar a UNICEF na súa loita global contra a polio, unha enfermidade que produce incapacidade e é potencialmente mortal.
Durante os próximos tres meses, todos os pasaxeiros que voen con easyJet poderán facer os seus donativos (moedas soltas ou moedas estranxeiras que non queiran) a UNICEF nun momento crucial na carreira para erradicar a polio a nivel mundial.
vacina contra a polio: Custa moi pouco protexer a un neno
Por cada 99 céntimos doados, pódese financiar a inmunización de tres nenos, para que queden protexidos desta enfermidade altamente contaxiosa, que pode causar parálise e mesmo a morte.
Os pasaxeiros de easyJet xa achegaron un total de 3,73 millóns de euros dende que se lanzou a campaña en xullo de 2012. Isto permitiu a UNICEF vacinar 4 millóns de nais e nenos contra enfermidades mortais en África Oriental e Central, así como tamén axudar a protexer 2 millóns de nenos da polio.
Proporcionar vacinas contra a polio aos nenos máis vulnerables
Mentres que a prevalencia da polio se reduciu moito nos últimos anos - de 125 países infectados en 2008 a tan só tres países hoxe en día (Nixeria, Afganistán e Paquistán) - un resurximento recente en sete países, entre eles Sirya ou Iraq, levaron á Organización Mundial da Saúde a declarar "unha emerxencia de saúde pública de importancia internacional" e a comezar as campañas de vacinación en todo o Oriente Medio co obxectivo de alcanzar, polo menos, 23 millóns de nenos.
Os pasaxeiros poderán doar á recolle de verán de Change for Good dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro en toda a rede paneuropea da aeroliña que conta con máis de 600 rutas en máis de 30 países.
Con máis de 4 millóns de persoas que se espera viaxen dende ou cara a España durante os meses de verán, a aeroliña fai un chamamento a que os pasaxeiros doen tanto como lles sexa posible para axudar a protexer e a salvar as vidas dos nenos.