Os produtos e tarxetas de UNICEF, nas papelarías Carlin
As máis de 500 papelarías Carlin en toda España ofertarán dende decembro as tarxetas e produtos solidarios de UNICEF, grazas a un acordo de colaboración entre a empresa e UNICEF España.
Cos beneficios obtidos grazas á súa venda, UNICEF financia proxectos de desenvolvemento en máis de 150 países que fan posibles que os nenos poidan gozar dos seus dereitos: á supervivencia, a educación, a protección fronte aos abusos e o VIH/SIDA, etc...
Por exemplo, con 80 euros, 187 nenos poden ser vacinados contra o sarampelo, e con 150 euros, 125 nenos poden recibir tratamento contra a desnutrición aguda grave durante un día.
Os produtos de UNICEF son orixinais, multiculturais, educan e ademais divirten. E nesta época do ano, UNICEF ofrece a posibilidade de felicitar familiares e amigos coa tradicional tarxeta do Nadal, de orixinais deseños e elegantes acabados
Carlin é un dos establecementos de material de oficina e escritura máis grandes de España. Trátase da primeira vez que esta empresa comercializa produtos de UNICEF nas súas tendas.