Os valores do deporte no Triatlón de Mallorca
Por Federico Simcic, UNICEF Comité Baleares
O sábado o espertador soou pronto. Ás 6.30 quedaramos na Praia de Palma con Joan, Xavi e Rafa para pechar os últimos detalles antes da saída do Half ICAN Triatlón Mallorca 2011, no que os 3 participan xuntos en modalidade de relevos como 'Equipo UNICEF'.
A idea deste equipo xurdiu hai uns meses. Fai xa dous anos que ICAN destina o 5% de todas as inscricións recibidas a UNICEF, así que nesta edición decidimos engadir unha vertente máis, para sensibilizar tanto os atletas coma o público acerca dosvalores que UNICEFtraballa a través do deporte: cooperación, respecto polas regras, confianza nos demais, liderado e traballo de equipo, respecto aos demais e a un mesmo, valor do esforzo e da disciplina, xogo limpo.. A selección dos atletas que ían formar o equipo UNICEF foi sinxela e fíxose valorando non só o currículo deportivo, senón, sobre todo, o seu valor humano. Os elixidos foron: Rafa Botello, campión de España de maratón en cadeira de rodas; Joan Llaneras, lenda do deporte español, con sete títulos de campión do mundo de ciclismo de pista e catro medallas, dous das cales de ouro, nos Xogos Olímpicos; e Xavi Torres, colaborador habitual de UNICEF na Baleares, nadador paralímpico cunha morea de títulos nacionais e internacionais. Os tres aceptaron encantados a nosa proposta. Joan mesmo nos agradeceu terlle dado un aliciente para volver adestrar, despois duns anos de ter deixado as competicións profesionais.
Os tres fixeron o posible para que o 'EquipoUNICEF' fose o primeiro en cruzar a liña de meta. E así foi! Rafa chegou primeiro, precedendo ao triatletavasco Eneko Llanos, que gañou por segundo ano consecutivo a proba individual. Os fondos obtidos con esta iniciativaapoiarán os programas de UNICEF para a defensa dos dereitos dos nenos.Unha xornada memorable, cun público espectacular e unha organización excelente.