Pacto Canario pola Infancia

O Goberno de Canarias, a Federación Canaria de Municipios (FECAM), a Federación Canaria de Illas (FECAI) e os partidos políticos con representación parlamentaria e o Deputado do Común asinaron esta semana o Pacto Canario pola Infancia nun acto celebrado no Parlamento autonómico.

 

 
O Pacto Canario pola Infancia, promovido por UNICEF Comité Español, pretende ser unha ferramenta eficaz para impulsar e coordinar as políticas de infancia que se desenvolven en Canarias a nivel autonómico, insular e municipal, que preste especial atención a infancia en situación de maiorvulnerabilidade. En Canarias, segundo datos do INE, o 35,1% dos nenos deCanarias (uns 130.000) vive baixo o albor da pobreza.

Os grupos políticos con representación parlamentaria traballaron xunto a UNICEF os compromisos incluídos neste. Como paso previo á firma, o 12 de novembro aprobouse por unanimidade no Pleno do Parlamento unhaProposición Non de Lei na que se comprometen con algúns aspectos de desenvolvemento do pacto e instan o Goberno autonómico a asumir os compromisos derivados deste.

Paulino Rivero, como presidente do Goberno de CanariasManuel Fajardo (PSOE), José Miguel Barragán (Coalición Canaria), María Australia Navarro(PP), Román Rodríguez (Nova Canarias), o Deputado do Común, Xerónimo SaavedraManuel Ramón Plasencia, por parte da FECAMCarlos Enrique Alonso, en nome da FECAI;e, por parte de UNICEF Comité Español, o seu presidente Carmelo Angulo e a presidenta autonómica Nereida Castro, asumiron o compromiso de poñer os mecanismos necesarios que promovan os dereitos da infancia no arquipélago.

O Goberno de Canarias comprometeuse, entre outras cuestións, á elaboración e posta en marcha do II Plan de Infancia e Familia de Canarias, que segundo o presidente do Executivo, Paulino Rivero, estará en marcha en abril de 2015.

Carmelo Angulo afirmou, no transcurso do acto, que o Pacto Canario pola Infancia é o décimo entre ascomunidades autónomas, pero que este ten unhas singularidades especiais "pola implicación dos tres niveis de goberno". Este documento, agregou, "recalca a necesidade de seguir avanzando na busca de consensos para alcanzar unPacto de Estado".
 
Pola súa banda, a presidenta de UNICEF Comité Canarias valorou que "as familias canarias se caracterizaron sempre por estar atentas aos seus fillos e priorizar o tempo e os recursos destinados a eles". "Co Pacto Canario este compromiso familiar pretende transformarse nun compromiso social e político".
 

ELEMENTOS Do PACTO CANARIO POLA INFANCIA

  • Mellorar o coñecemento da situación da infancia no arquipélago.
  • Contar cunha estratexia operativa e coordinada entre as administracións que oriente e comprometa as políticas públicas destinadas ainfancia.
  • O compromiso de garantir o investimento público en infancia, incluíndo medidas específicas que combatan apobreza infantil e corrixan as desigualdades.
  • Fomentar as accións dirixidas a unha educación inclusiva e de calidade.
  • Favorecer a creación de estruturas que dean canle áparticipación infantil e á participación de profesionais, cidadáns e entidades de diverso tipo comprometidos co benestar da infancia.
  •