Para eliminar o traballo infantil é preciso atacar as súas raíces
No marco da inauguración da III Conferencia Mundial sobre Traballo Infantil, UNICEF dixo que para poñer fin ao traballo infantil resulta fundamental un enfoque integrado dos gobernos, as organizacións internacionais, a sociedade civil, o sector privado, e os nenos e as súas familias.
Non obstante, a taxa de redución non é suficiente aínda para alcanzar o obxectivo de eliminar as peores formas de traballo infantil para 2016.
Nun novo informe deUNICEF, Child Labour andUNICEF in Action: Childrenat theCentre, reflíctese que é posible lograr maiores progresos abordando ascausas fundamentais do traballo infantil dun xeito holístico. Os encargados de establecer políticas e os defensores da infancia deben considerar toda a gama de vulnerabilidades que sofren os nenos e os obstáculos para a súa protección.
E necesario combinar os esforzos para loitar contra o traballo infantil
"Non podemos abordar o traballo infantil de xeito illado e esperar lograr resultados impresionantes", dixo Susan Bissell, xefe mundial de Protección da Infancia de UNICEF. "Esta conferencia presenta a oportunidade de facer fincapé na necesidade urxente de combinar os nosos esforzos para combater o traballo infantil e poñer fin á violencia contra os nenos, así como de fortalecer os sistemas nacionais para a protección da infancia".
Non sempre se toma en
conta toda a gama de vulnerabilidadesda infancia no deseño e a aplicación dos programas contra o
traballo infantil. Por exemplo, as cifras dos nenos que piden
esmola nas rúas ou doutros nenos desescolarizados non se poden
reducir de xeito considerable sen analizar tamén os problemas nos
fogares ou nas escolas que obrigaron estes nenos a vivir ou
traballar na rúa.
A miúdo, os nenos fan
fronte a varios riscos ao mesmo tempo.
"Un neno que corre o
risco de ser vítima da trata pode estar tamén en conflito coa lei,
sufrir actos de violencia no fogar, ser orfo ou ter unha
minusvalidez", dixo Bissell. "Isto
significa que temos que considerar a posibilidade de resolver os
seus problemas dende diversos ángulos simultáneamente".
O enfoque de UNICEF para evitar e responder o traballo infantil
leva consigo proporcionar acceso aos servizos básicos, fortalecer
os sistemas de protección da infancia e promover o cambio
social.
UNICEF traballou cos gobernos de varios países
para establecer programas contra o traballo
infantil.
Medidas contra o traballo infantil en Nepal
En Nepal, por exemplo, UNICEF centrouse na creación dun amplo sistema de protección da infancia nas zonas urbanas. Como resultado, máis de 9.000 nenos e nenas atrapados nalgunhas das peores formas de traballo infantil, e separados das súas familias, foron reunidos con elas e proporcionóuselles asistencia en vivenda, alimentos, roupa e atención da saúde.
Ademais de recibir
asesoramento psicosocial, mediación cos proxenitores e os
empregadores, e asistencia xurídica, tamén recibiron axuda en
efectivo para regresar na escola ou recibir formación profesional,
mentres que as súas familias obtiveron apoio para a xeración de
ingresos co fin de aliviar a carga financeira que todo isto
representa. Outros 10.000 nenos en situación de risco, xunto coas
súas familias, recibiron orientación, medios para o seu sustento e
apoio educativo.