Parlamentarios infantís de toda España apoian o Pacto de Estado pola infancia
Rocio, Javier, Luis Miguel... e así ata 103 nenos e adolescentes que participaron nun novo encontro do Parlamento Infantil online o teñen claro: un Pacto de Estado pola Infancia en España melloraría a vida de todos os nenos e nenas no noso país.
Por iso, comprometéronse aasinar e difundir apetición de UNICEF Comité Español no seu
ámbito máis próximo, propoñendo accións concretas como a
realización de vídeos e recollidas de
firmas. Na súa opinión, se se alcanza o millón de
firmas, o Goberno español veríaseobrigado a alcanzar un Pacto de
Estado.
"Nós imos intentar difundir o Pacto para que o asinen persoas do noso ámbito, a través de campañas nos coles, redes sociais, etcétera", sostiveron dende Vícar, en Almería. "Imos apoialo coas nosas firmas e voces no Consello (Municipal de Infancia e Adolescencia) para que os gobernos locais tomen conciencia", sinalaron dendeVillanueva de la Serena (Badaxoz).
Un total de 103 nenos e adolescentes de entre 8 e 18 anos de 13Cidades Amigas da Infancia (Guadalajara,Vícar, Tineo, Granada, Villanueva de la Serena, Alcobendas,Camarma de Esteruelas, San Cristóbal de Segovia, Torrejón del Rey, Segovia, San Fernando de Henares, Meco e Porto Real) participaron nesta nova sesión do Parlamento infantil online, na que debateron sobre oinforme de UNICEF Comité Español A infancia en España 2014.
PROPoSTAS PARA o PACTO DE ESTADO POLA INFANCIA
Os parlamentarios infantís repasaron os 5
eixes fundamentais da proposta de Pacto de Estado e achegaron
algunhas ideas que, na súa opinión, se deberían incluír, como quese prohiban os desafiuzamentos a familias con
fillos menores de idade, ou que se habiliten terras
municipais para plantar hortos destinados a familias sen
recursos. "Hai algunhas familias que perden as súas casas,
cantidade de nenos e nenas desprotexidos. Polo
tanto, estes temas deben de entrar dentro do Pacto, propuxeron
dende Porto Real (Cádiz).
Así mesmo, opinaron sobre o dereito á participación infantil", "que é un dos principios reitores da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN), que este 20 de novembro cumpre de 25 aniversario,".
Os nenos poderían opinar ata onde cheguen os seus coñecementos. Os máis pequenos poderían votar sobre comedores, actividades extraescolares. Os maiores, como os de Bacharelato, sobre os libros, as bolsas, etc.," valoraron os parlamentarios infantís de Torrejón del Rey (Guadalajara).
Este novo encontro do Parlamento Infantil online serviu tamén para seguir preparando o III Encontro Estatal de Consellos de Infancia e Adolescencia, que terá lugar do 7 ao 9 de novembro en Guadalajara.