Participa no sorteo dunha raqueta da tenista Garbiñe Muguruza e contribúe a mellorar a educación de miles de nenos

Unha raqueta asinada pola tenista hispano-venezolana Garbiñe Muguruza, finalista do último Wimbledon, vai ser sorteada en redes sociais no marco dunha acción solidaria de BBVA cuxo obxectivo é conseguir fondos para dous proxectos de UNICEF no ámbito da educación.

 
A raqueta sortearase entre os seguidores de Facebook de BBVA que comparta o vídeo de promoción da campaña e os que fagan RT das mensaxes de Twitter de BBVA da acción #laraquetadeGarbiñe.

Un dos proxectos busca mellorar a calidade educativa e reducir o abandono escolar en varias zonas desfavorecidas deVenezuela.

En España, os fondos das achegas servirán para elaborar un informe que mostre o impacto da crise no sistema educativo e achegue propostas para cumprir cos novos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que a comunidade internacional fixe para 2030.

BBVA xa fixo unha achega inicial de 150.000 euros a senllos proxectos. Ademais de participar no sorteo, calquera persoa pode realizar a súa doazón a través do portal de 
BBVA Suma, cunha transferencia ou en calquera oficina de BBVA na conta ES69 0182 2370 43 0201527560

A tenista fixo entrega recentemente da raqueta a BBVA, de cuxa entidade é embaixadora. "Esta raqueta significa moito para min e por iso quero que sirva para axudar a moitos nenos a través do proxecto solidario que comparto con BBVA a prol de UNICEF", declarou Muguruza.