Participamos na reconstrución de escolas afectadas tras o paso do furacán Ian en Cuba
Con el apoyo de la Xunta de Galicia, adquirimos y distribuimos suministros para la reconstrucción de techos e infraestructura sanitaria.
Participamos na reconstrución de escolas afectadas tras o paso do furacán Ian en Cuba
Co apoio da Xunta de Galicia, adquirimos e distribuímos subministracións para a reconstrución de teitos e infraestrutura sanitaria.
01/09/2023
Cunha poboación total de 11,3 millóns de persoas, Cuba é un país altamente vulnerable aos efectos do cambio climático, como a subida do nivel do mar, sufrindo de forma recorrente o impacto de furacáns, terremotos e secas.
O furacán Ian, que azoutou a rexión occidental do país a finais de setembro de 2022, provocou grandes danos en infraestruturas, vivendas e agricultura, deixando a preto dun millón de persoas en necesidade de axuda humanitaria.
Reconstrución dos centros educativos
UNICEF Comité Galicia, co apoio da Xunta de Galicia, vai apoiar a Cuba na reconstrución de 9 das 550 escolas afectadas polo paso do furacán Ian o pasado setembro.
Concretamente, UNICEF Comité Galicia adquirirá e distribuirá subministracións para a reconstrución de teitos e da infraestrutura sanitaria de escolas en 5 municipios afectados, onde están matriculados 420 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos.
Así mesmo, contribuirá a mellorar o acceso á auga potable, así como ao seu almacenamento, e promoverase o establecemento de condicións óptimas de hixiene nas comunidades alcanzadas polo furacán. A intervención beneficiará a ao redor de 2.200 persoas, entre as que se atopan familias, persoal docente e resto da comunidade educativa.