Pau Gasol: "Canto máis poden aguantar os nenos refuxiados sirios?"

"Canto máis poden aguantar os nenos refuxiados sirios?", é a pregunta que se fai Pau Gasol, campión olímpico, bicampión da NBA e embaixador de UNICEF España desde 2003, despois de visitar os proxectos de UNICEF en Líbano

 

Gasol coñeceu en primeira persoa a situación dos nenos sirios que tiveron que refuxiarse neste país por mor daguerra e a violencia. En Líbano,1 de cada 5 persoas é un refuxiado e case a metade deles son nenos.  
 
Pau Gasol puido conversar con eles, escoitar as súas historias, as súas inquietudes e as súas preocupacións. "Coñecín a nenos comoMohamed, un neno refuxiado que leva 5 anos en Líbano. Afortunadamente vai aocolexio, pero durante as súas vacacións ten que ir ao campo co seu pai a traballar, recollendo patacas, para axudar á súa familia", conta o xogador.
 

AxUDA REFUxIADOS: LÍBANO ACOllE A 2 MILLóNS DE PERSOAS QUE fUxEN DA GUERRA

Líbano, cunha poboación de 6 millóns de persoas, acolle a case2 millóns de refuxiados e é, xunto conXordania, un dos países onde viven o maior número de persoas refuxiadas en proporción á súapoboación e territorio.
 
O noso embaixador foi testemuña de como UNICEF traballa de xeito conxunto coasorganizacións locais libanesas para atender as necesidades máis importantes das familias e nenosrefuxiados sirios.
 
"UNICEF céntrase en todo o absolutamente necesario para que estas familias e estes nenos poidan saír adiante. Visitamos proxectos de augae saneamento, unidades móbiles de atención médicaque salvan vidas, e actividades de recuperación psicosocial que son fundamentais para atender a estes nenos que seguen vivindo moitos momentos de tensión," destaca Gasol.
 

PAU GASOL: "ESTÁN AGRADECIDOS DE SABER QUE NOS IMPORTAN"

Esta é a segunda vez que Pau Gasol viaxa para atoparse cosnenos e familias refuxiadas afectados polacrise de Siria. Con todo, non deixa de sorprenderse e emocionarse coa enerxía e a forza destasfamilias e nenos.
 
"Estivemos enasentamentos de tendas de campaña que apenas ofrecen acubillo pero, aínda así, eles manteñen un espírito moi positivo e están agradecidos de saber que nos importan", comenta. En Líbano, estímase que en 2015, uns180.227 refuxiados sirios vivían enasentamentos informais e sen os servizos básicos necesarios.
 
"Somos conscientes dos retos, estamos a traballar sen descanso e non desistiremos. Non imos deixar de traballar ata que todos estes nenos poidan ter as súas necesidades básicas cubertas, sentir as raíces dun futuro digno e volver sorrir. En definitiva, poidan volver ser nenos" asegura Diana Valcárcel, directora de comunicación de UNICEF Comité Español.
 

AxUDA REFUxIADOS: 5 AnOS DE CONFLITO, UNhA CRISe DE REFUxIO SeN PRECEDENTES

Tras 5 anos de conflito, Siria e os países veciños como Líbano, Xordania, Iraq ou Turquía, están a afrontar unha crise de persoasrefuxiadas, desprazadas e migrantes, sen precedentes.
 
Segundo o noso último informe,Desarraigados: Unha crise crecente para os nenos refuxiados e migrantes, uns 50 millóns de nenos no mundo viven fóra dos seus lugares de orixe, dos cales 28 millóns foron forzados a fuxir dos seus fogares polos conflitos e a violencia da que non son responsables.