Pau Gasol: a guerra non é lugar para os nenos
Puidemos ver en Iraq nenos e familias que fuxiron do seu país deixándoo todo atrás, nenos traumatizados pola guerra, polo que viron, nenos aos que lles está a custar levar unha vida normal", conta Pau Gasol ao seu regreso de Iraq onde visitou un campo de refuxiados sirios.
O bicampión da NBA e embaixador de UNICEF Comité Español dende 2003, regresou hoxe do campo de refuxiados de Domiz, en Iraq, que acolle máis de 45.000 refuxiados sirios que chegaron ata aquí fuxindo do conflito que sofre o seu país.
Iraq é un dos países que máis refuxiados sirios acolle, uns 160.000, que chegan tras percorrer moitos quilómetros a pé ou en camións e autobuses das axencias internacionais, ás veces sen auga nin comida, nin equipaxe ou diñeiro, só, co posto.
Segundo Nacións Unidas,máis de 1,7 millóns de persoas fuxiron da guerra de Sirya a países veciños, o que fai que esteamos antea maior crise de refuxiados dende a traxedia de Ruanda.
"o que experimentas cando axudas a un neno é inigualable"
O traballo deUNICEF con estes nenos céntrase en darlles acceso a servizos sociais básicos de saúde, educación e protección, apoiándoos para que logren superar o que lles tocou vivir. Hai máis de catro millóns de nenos afectados polo conflito.
"Resulta moi impresionante saber que hai centos de miles de nenos nestas circunstancias, a guerra non é lugar para eles: violencia, destrución e falta de servizos básicos que necesitan para crecer e desenvolverse, sinalou o embaixador de UNICEF ComitéEspañol, quen engadiu: "O que experimentas cando axudas a un neno é inigualable. Todo isto axúdache a poñer as cousas en perspectiva. Que te lesións ou non, que me traspasen ou non é unha nimiedade".
Para que UNICEF poida seguir traballando nesta emerxencia humanitaria no que queda deste ano, son necesarios 355 millóns de euros, pero ata o momento só se recibiu o 54% dos fondos necesarios.
Consuelo Crespo tamén expresou o agradecemento da organización aos miles de persoas, socios, doadores, administracións públicas, empresas e outras entidades que contribuíron ao traballo de UNICEF nesta crise humanitaria.
Se non chega a axuda suficiente, só en Iraq este ano 30.000 nenos poderían deixar de ter acceso a auga, servizos de saneamento e hixiene; uns 17.000 non terán acceso a axuda psicosocial, e miles de nenos non poderán ir ás escolas que instalaUNICEF.
Calquera persoa pode
colaborar enviando unha mensaxe de texto coa palabra UNICEF ao 28028, ou realizando a súa contribución
a través da web:www.unicef.es/siria