Pau Gasol: "Non podemos quedar de brazos cruzados"
O Embaixador de UNICEF Pau Gasol mantén aberto 'O Proxecto de Pau' á colaboración de todos aqueles que queiran contribuír ao traballo de UNICEF na emerxencia nutricional do Corno de África. O xogador de baloncesto decidiu orientar a súa iniciativa 'O Proxecto de Pau' a conseguir máis apoios na loita contra a fame e, para iso, comprometeuse a realizar unha doazón de mil euros por cada punto que anotase no último partido de preparación do Eurobasket Lituania 2011, que tivo lugar o venres 26 de agosto.
Máis alá desta
achega, Pau Gasol quere manter a súa
iniciativa 'O Proxecto de Pau' aberta á participación de todos
aqueles que queiran colaborar enviando a palabra SOS ao 28028. CadaSMS supón unha axuda de 1,20
euros, cantidade coa que se pode cubrir o custo
do tratamento dun día para un neno con
desnutrición. Tamén se pode contribuír a través
desta web, onde existen distintas formas de
colaboración.Pau Gasol, Embaixador de UNICEF España dende 2003, puxo en marcha esta
acción específica convencido, como sinalou, de que "non
podemos quedar de brazos cruzados ante esta situación.
Miles de nenos morreron e a vida de centos de miles está en
perigo".
A emerxencia nutricional que vive o Corno de África afecta sobre
todo aos nenos: 600.000 sofren desnutrición con risco inminente
para as súas vidas. UNICEF traballa en
todas as áreas que salvan vidas nos campos de desprazados, nas
comunidades, rexións limítrofes e no Sur de Somalia.
A crise ten a súa orixe na coincidencia da peor seca da
rexión nos últimos 50 anos, o incremento dos prezos dos
alimentos, os efectos do longo conflito armado en Somalia e un dos
máis intensos fluxos de refuxiados de Somalia cara
a Kenya e Etiopía.UNICEF desenvolve accións
masivas en nutrición e saúde, auga e saneamento e protección
infantil. O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia é o
principal provedor de alimento terapéutico, un produto que consegue
curar a desnutrición. Á parte da distribución de subministracións
vitais, UNICEF brinda apoio a centros
de estabilización nutricional, realiza campañas de vacinación,
facilita o acceso á auga potable e establece espazos de protección
para os nenos.
‘o Proxecto de Pau’
A iniciativa'O Proxecto de Pau' púxose en marcha con dous obxectivos:conseguir que cada vez máis nenos poidan ir á escola e
loitar contra a desnutrición en África. Grazas ás doazóns
de Pau Gasol e doutros doadores, esta
iniciativa xa conseguiu fondos para tres fins en
Etiopía:
- Construír e poñer en marcha sete escolas para uns mil nenos que viven en situación de pobreza ou en comunidades illadas e remotas.
- Distribuír cadeiras especiais para 20 nenos con minusvalideces .
- Fortalecer programas para a prevención e o tratamento da desnutrición.
En xullo de
2010, Gasolcoñeceu directamente no sur de
Etiopía a situación dos nenos conproblemas de nutrición e otraballo que UNICEF desenvolve, xunto con organismos
públicos, comunidades e ONG, para previr a desnutrición e prestar o
axeitado tratamento aos nenos que a sofren.