Pau Gasol viaxa a Iraq para apoiar os nenos de Sirya

Pau Gasol, bicampión da NBA e embaixador de UNICEF Comité Español dende 2003, regresa hoxe de visitar o campo de refuxiados de Domiz, en Iraq, que acolle máis de 45.000 refuxiados sirios que fuxiron do conflito que sofre o seu país. Á súa chegada hoxe a Barcelona dará unha rolda de prensa para contar a súa experiencia no que foi a súa quinta viaxe como embaixador de UNICEF Comite Español.

 

 
Nesta viaxe, Pau Gasol coñeceu directamente nenos "que fuxiron dunha traxedia e que agora dependen daaxuda humanitaria". Iraq é un dos países que máis refuxiados sirios acolle, uns 160.000, que chegan tras percorrer moitos quilómetros a pé ou en camións e autobuses das axencias internacionais, ás veces sen auga nin comida. Segundo Nacións Unidas, máis de 1,7 millóns de persoas fuxiron da guerra de Sirya a países veciños, en ocasións só co posto.

Pau Gasol coñeceu de primeira man as consecuencias desta crise e como o traballo de UNICEF e os seus aliados consegue salvar vidas, protexer os nenos e devolverlles a escola. Como resultado deste traballo conseguiuse, entre outros logros:10 millóns de persoas tiveron acceso a auga, máis de 1,9 millóns de nenos foron vacinados contra o sarampelo epreto de 260.000 teñen acceso a educación.

Os nenos de Sirya están a sufrir unha guerra dentro do seu país e a maior crise de refuxiados dende a traxedia de Ruanda. Haimáis de catro millóns de nenos afectados por este conflito, sofren as consecuencias dos enfrontamentos e a falta de acceso a servizos básicos de saúde, educación e protección. O traballo de UNICEFconsiste en darlles acceso a eses servizos e en apoialos para que logren superar o que lles tocou vivir.

Debido á dimensión e a duración desta crise humanitaria, as axencias da ONU realizaron un chamamento sen precedentes para que os gobernos de todo o mundo busquen unha saída inmediata a esta traxedia. Mentres, o ritmo de aumento dos afectados e a escaseza de fondos están a poñer en risco a continuidade do traballo de UNICEF, para o que fixo un chamamento duns 355 millóns de euros neste ano.

Calquera persoa pode colaborar enviando unha mensaxe de texto coa palabraUNICEF ao 28028, ou realizando a súa contribución a través desta páxina web.