Pau Gasol xoga polos nenos de Filipinas

 
Os nenos de Filipinas necesitan urxentemente refuxio, auga potable, medicamentos e nutrición. O equipo de UNICEF en Filipinas está a facer todo o posible por chegar a todos os nenos e familias afectadas, pero fai falta moita axuda para conseguilo.
 
O noso embaixador Pau Gasol sábeo e decidiu poñer en marcha o seupropio retopara os nenos afectados polo tifón Haiyán: por cada punto que anote no partido dos Lakers do 22 de novembro, Pau fará unha doazón de 1.000 dólares para os nenos de Filipinas.

No seu compromiso pola infancia, lanzou esta iniciativa animando os seus seguidores a unirse a el polos nenos de Filipinas facendo unha doazón aUNICEF por cada punto que el anote nese partido.

Se queres unirte aPau Gasol e UNICEF e axudar os nenos de Filipinas, podes realizar un donativo aquí.

Se decides unirte a esta acción, escribe a @PauGasolpara contarllo!

A túa xenerosidade axudará a que UNICEF poida seguir atendendo as necesidades máis importantes de millóns de nenos.

Xuntos podemos facer a diferenza para os nenos de Filipinas! Grazas