As pemes españolas multiplican pola infancia
A pesar da difícil situación económica en España, o número de pequenas e medianas empresas (pemes) españolas que se sumaron á iniciativa de UNICEF España Multiplica pola Infancia segue crecendo. Actualmente, preto de 70 entidades forman parte da iniciativa.
O apoio e a solidariedade das pemes reflicte o seu compromiso coadefensa dos dereitos dos nenos e coamellora da situación da infancia máis vulnerableen todo o mundo. Grazas á colaboración das pemes, mediante esta iniciativa, contribuíuse a alcanzar importantes logros en 2011, como vacinar máis de 170 millóns de nenos contra o sarampelo e tratar 150.000 nenos con desnutrición aguda grave con alimentos terapéuticos en Haití e Paquistán. O 63% dos fondos conseguidos con Multiplica pola Infancia contribuíron ao financiamento deEscolas para África e o 37%destináronse a Recursos Regulares.Escolas para África é unha alianza de UNICEF, a FundaciónNelson Mandela e a Sociedade de Hamburgo que persegue a escolarización de oito millóns de nenos en varios países africanos para 2013. A educación contribúe a mellorar as condicións de vida e erradicar o círculo de pobreza que sofre a infancia no mundo en desenvolvemento. 67 millóns de nenos e nenas non poden ir á escola Primaria, dos que case a metade viven en África subsahariana. Os Recursos Regulares non teñen un destino xeográfico ou unha temática fixada, e UNICEF pódeos utilizar, sen restricións,naqueles lugares ou programas que os nenos necesitan máis en cada momento.UNICEF traballa en máis de 150 países polo desenvolvemento das comunidades máis pobres e remotas en áreas clave: supervivencia infantil, educación universal de calidade, protección infantil e promoción de políticas e alianzas.