Pepe Reina pon voz a 'A gota de Cucho'
UNICEF España e o futbolista Pepe Reina lanzaron hoxe o conto interactivo A gota de Cucho, unha historia interactiva que pretende concienciar os nenos sobre a importancia da auga potable e as dificultades que atravesan millóns de persoas para poder obtela. O conto está narrado polo propio xogador en español e inglés, e inclúe gráficos, música, efectos sonoros e varias sorpresas interactivas.
A idea foi desenvolvida pola empresa española PlayTales,que xa achegou as súas canles e tecnoloxía para a creación do conto Regala un día , narrado por Pau Gasol. Os dous contos pódense descargar tanto en Apple Store, a través da aplicación PlayTales para iPhone e iPad, como enGoogle Play para o resto de dispositivos móbiles .
[]
A gota
de Cucho,escrita por Carmen
Gil e ilustrada por Jacobo Muñiz, narra dúas historias
paralelas, as de Cucho e Kía,
que se desenvolven en realidades moi diferentes. A través de varias
ilustracións, o conto reflicte as desigualdades existentes entre un
e outro personaxe, así como a importancia dasolidariedade para lograr que todos os
nenos do mundo teñan acceso á auga potable.
O conto pode
descargarse por 0,79 € e os fondos obtidos
destinaranse ao proxecto Gotas para Níxer, o
segundo país máis pobre do planeta segundo datos de Nacións Unidas.
Os seus indicadores de saúde, educación, supervivencia infantil e
acceso á auga potable e saneamento están entre os peores do
mundo.
O lanzamento do
conto interactivo coincide coa conmemoración do Día de
África, unha data na que UNICEF destaca a importancia de poñer o foco sobre
os problemas de acceso a auga potable, a pobreza xeneralizada, os
conflitos, o VIH/SIDA e a violencia
que afecta a millóns de nenos en todo o continente, especialmente
na zona do Sahel, onde nestes momentos
máis dun millón de nenos están en risco de morrer por desnutrición
aguda grave.
Pódesche descargar o conto nos
seguintes hipervínculos: