As persoas teñen que estar no centro do cambio tecnolóxico e da innovación
Post de Zinnia Quirós, Coordinadora de proxecto saúde global e infancia de UNICEF España
O pasado luns Madrid uniuse á Conversación Global promovida pola III edición do Cumio do Ben Social celebrado en Nova York do 22 ao 24 de setembro. Miles de persoas participaron neste debate global sen precedentes, e deixaron unha mensaxe clara: a innovación e a tecnoloxía teñen que estar ao servizo do ser humano.
Máis dun centenar de persoas acudiron aoCentro de Innovación do BBVA e case 300 seguiron porstreaming este encontro organizado porUNICEF España e a Axencia Saúde e Comunicación para debater sobre O poder do pensamento innovador e as tecnoloxías para resolver retos globais.Nun primeiro bloque puidemos coñecer iniciativas innovadoras que, apoiándose na tecnoloxía e nas novas ferramentas do Social Media, están a cambiar a vida das persoas. Posteriormente vivimos uninteresante debate moderado por Montserrat Domínguez.
Deixámosvos algunhas das reflexións máis interesantes que saíron da xornada:
- "Temos que poñer as persoas no corazón do cambio tecnolóxico, poñer rostro humano ao sentido da tecnoloxía e da innovación," @PalomaUnicef
- "As redes sociais son unha pequena ventá que nos abren a un mundo inmenso" @DorisCasares
- "A tecnoloxía é unha arma cargada de futuro, pero por favor, non esquezamos as persoas" @JoseAngelFornas
- "A tecnoloxía contribúe á integración social, pero tamén pode excluír colectivos vulnerables se non se deseña axeitadamente" @lgperea
- "A empatía é a clave para vivir nun mundo conectado e global e vencer a resistencia ao cambio" @carlosbarrabes
- "Utilicemos a tecnoloxía para mellorar ao noso ámbito e non só para mellorar a nosa empresa. As grandes empresas teñen que perder o medo a chegar tarde" @mberzosa
- "A sensación de comunidade é a que nos fai ser máis botados para adiante. A comunidade fai, comparte e crea. O cambio provocarémolo entre todos" @belindagaliano
- "Se sodes innovadores non vos fixedes nos casos de éxito, fixádevos nos de fracaso, aí é onde se aprende "@juliomayol
- "Teño a experiencia todos os días de ver que o activismo online consegue cambios. O segredo: dar as ferramentas á xente para que cambien o que non lles gusta do mundo que os rodea" . @imilleiro
- "Encántame recibir xente que fracasou, porque esa é xente que se vai saber levantar con máis facilidade na seguinte ocasión", @irenert64
Se quedaches con ganas de máis podes ver o encontro enteiro aquí. E se queres saber como estivo o debate en twitter busca o hashtag #SGSMadrid