"A pobreza infantil é un dos temas máis preocupantes nos países desenvolvidos"

"Para UNICEF, a pobreza infantil é un dos temas (se non o tema) máis preocupantes na actualidade nos países desenvolvidos".

Con estas palabras, a Presidenta de UNICEF España, Consuelo Crespo, presentou no Senado o informe A Infancia en España. O impacto da crise nos nenos

Nunha comparecencia no Senado ante a Comisión Especial de estudo sobre as novas formas de exclusión social como consecuencia do forte incremento do desemprego, Consuelo Crespo fixo un repaso dosprincipais datos e recomendacións do informe que UNICEF España presentou en maio. Os membros desta Comisión Especial sinalaron que incorporarán o documento ás súas Conclusións Finais en xaneiro. "Agora, en España a pobreza infantil ten rostro de neno", recordou. A pobreza infantil no noso paísafecta a case 2,3 millóns de menores de idade, cunha porcentaxe en 2011 do 27,2% (fronte ao 21,8% da poboación xeral). Creceu en case 300.000 nenos dende 2008, ano de comezo da crise, e dende 2010 os nenos son o grupo de idade máis pobre, superando con moito os maiores de 65 anos. "Algunhas das consecuencias [da pobreza infantil] estámolas a ver xa a curto prazo: o crecemento da pobreza nas estatísticas, os desafiuzamentos que implican familias con nenos, a crecente presenza de nenos nos comedores sociais, asdificultades co material escolar en centros educativos... ", subliñou Consuelo Crespo. "Unha educación deficiente, unha mala nutrición ou vixilancia da saúde na infancia poden condicionar o benestar presente e futuro da persoa, pero tamén o benestar social e material de todos nós, como rexión e como país", agregou.  

  

A LoitA CONTRA A POBREZA INFANTIL NECESITA VONTADe POLITICA

Para UNICEF España, a loita contra a pobreza infantil "pódese abordar, con vontade política, con información, con coordinación e coa participación das familias e dos propios nenos".Neste sentido, enumerou as propostas do informe, entre as que destacan: protexer os investimentos destinados á infancia, poñer aos nenos e as súas familias no núcleo das decisións políticas; mellorar a coordinación, a eficacia e a coherencia na xestión da saúde, a educación, a protección da infancia e a loita contra a pobreza; e elaborar un Plan Nacional contra a Pobreza Infantil.