Pocoyó e José Manuel Calderón, unidos para levar auga ás escolas de Níxer
Pocoyó e José Manuel Calderón únense a UNICEF España nunha importante tarefa: contribuír a que a infancia en Níxer vexa cumprido o seu dereito á educación: menos da metade dos escolares nixerianos completan a súa educación primaria.
Unha parte deste problema está relacionado coa falta dunhas instalacións escolares axeitadas que carecen mesmo do máis básico: o acceso á auga potable e instalacións de saneamento.
Obxectivo: levar a un millón de nenos en Níxer a escola
Por esta razón,Pocoyó e Calderón animan aos centros educativos españois a unirse á campaña Gotas para Níxer de UNICEF España, sumando pequenos esforzos para lograr un grande obxectivo común: levar un millón de nenos e nenas nixerianos á escola. Durante estas semanas, Calderón e Pocoyó protagonizan unha serie de pezas promocionais para animar á participación dos centros escolares na campaña Gotas para Níxer.
En Níxer só o 15% das escolas teñen acceso á auga potable
Pocoyó e o seu amigo Pato viven en primeira persoa a aventura de levar auga a unha escola onde non hai unha fonte de auga potable. Esta peza, producida por Zinkia a []
prol deUNICEF, narra dun modo doadamente comprensible polos máis pequenos unha dura realidade cotiá en Níxer: só o 15% das escolas teñen acceso a auga potable.
Pola súa banda,José Manuel Calderón, Amigo deUNICEF Comité Extremadura, xogador dos Toronto Raptors e da Selección Española de Baloncesto, recentemente proclamada subcampiona olímpica en Londres 2012, protagoniza un anuncio no que mostra o difícil que é para millóns de escolares no mundo ter acceso a instalacións de auga e saneamento.
En países como Níxersó unha de cada catro escolas ten instalacións de saneamento, sendo na maioría dos casos extraordinariamente precarias. "A falta de auga e saneamento nas escolas vulnera o dereito á saúde e o dereito á educación de nenos e nenas", declarou Calderón.
Estas pezas difúndense a través das canles online oficiais de Pocoyó e UNICEF.