Pocoyó e os dereitos dos nenos
Pocoyó e os seus amigos ensínannos os dereitos da infancia a través de oito vídeos con temas que inclúen: a familia, a identidade, a igualdade, o xogo, a participación, a educación e a saúde.
Dereito á igualdade: Pocoyó, Eli e a familia Alien móstrannos que todos os nenos teñen dereito a non ser tratados de forma diferente por razón da súa cultura, relixión, orixe, idioma ou sexo.
Dereito á identidade: Pocoyó, Eli e Pato esfórzanse para identificar os seus novos amigos e reunilos coas súas familias. Todos os nenos teñen dereito a ser inscritos ao nacer, a un nome e a unha nacionalidade, a coñecer os seus pais e a ser coidados por eles.
Dereito á familia: Este vídeo recórdanos que todos os nenos teñen dereito a ter unha familia que os queira, que os oriente, a non ser separados dela se non é necesario para o seu benestar e a que o Estado a apoie para conseguilo.Dereito á saúde: Todos os nenos e nenas teñen dereito a coidados médicos, a desenvolver hábitos saudables, sen drogas, e a vivir nun lugar sen contaminación e agradable.Dereito á participación: Pato eEli teñen opinións distintas e non se poñen de acordo. Pocoyó anímalles a participar e ter en conta as opinións do outro, porque os nenos teñen dereito a expresar as súas opinións e a que se teñan en conta polas súas familias, os seus educadores e as autoridades, así como recibir unha información axeitada dos temas que lles afecten.Dereito ao xogo: Pocoyó, Eli, Pato e Pajarito divírtense xogando e móstrannos que o xogo é un dereito da infancia e que todos os menores teñen dereito a dispoñer de tempo, compañeiros e espazo para xogar.Dereito á educación: Todos os nenos teñen dereito a unha educación gratuíta, de calidade e que os converta en cidadáns preocupados polo cumprimento dos dereitos humanos en todo o mundo.Dereito á protección: Todos os nenos teñen dereito a vivir en paz, e a serprotexidos contra calquera agresión ou perigo. Tamén podedes encontrar todos os vídeos e recursos na web de Pocoyó.