Polio: é necesario protexer os nenos en Sirya e Iraq

A Organización Mundial da Saúde (OMS) e UNICEF lanzaron hoxe un informe no que anuncian o final da primeira fase da maior campaña de vacinación contra a polio xamais realizada en Oriente Medio.

25 millóns de nenos menores de 5 anos foron vacinados en 7 países en 37 roldas.

"A pesar dos enormes desafíos e as desesperadas condicións da rexión, os nenos foron vacinados entre tres e seis veces. Isto deixa ver un indicio de esperanza, e débese en boa medida a miles de heroes non recoñecidos: traballadores da saúde comprometidos e voluntarios que emprenderon esta tarefa en toda a rexión e dentro de Sirya, desafiando aos riscos existentes para proporcionar a vacina contra a polio aos nenos", explica Maria Calivis, directora rexional de UNICEF en Oriente Medio e Norte de África.

O informe atribúe a volta da polio a Sirya despois de 14 anos a factores como a interrupción das vacinacións rutineiras, os danos severos nas infraestruturas sanitarias de Sirya, os continuos desprazamentos da poboación dentro do país e ao outro lado das súas fronteiras, e a perda de oportunidades.

Segundo o informe, a cobertura da vacina contra a polio baixou dramaticamente en Sirya do 99 por cento ao 52 por cento. Polo menos o 60 por cento dos hospitais sirios foron destruídos ou danados, e menos dun terzo das ambulancias públicas seguen funcionando. O abastecemento de vacinas, os vehículos de servizo e o equipamento da cadea de frío foron danados, postos permanentemente fóra de servizo ou perdidos.

a polio  acelerou o  seu camiño de regreso a Sirya

"A polio acelerou o seu camiño de regreso a Sirya, sumándose ao que xa de por si era un desastre humanitario. Chegamos a un punto no que tivemos que traballar con recursos moi limitados para combater o que fora un inimigo esquecido durante moito tempo nesta rexión, algo que non entende de fronteiras ou postos de control e que pode viaxar rápido, infectando os nenos non só na Sirya esgazada pola guerra, senón en toda a rexión", explica Chris Maher, director da OMS para a Erradicación da Polio e Apoio á Emerxencia.

Máis de 6,5 millóns de nenos sirios necesitan asistencia humanitaria de emerxencia. Dentro de Sirya, 765.000 nenos menores de 5 anos viven en áreas difíciles de alcanzar, onde o conflito e as restricións fan que sexa moi complicado chegar a eles con axuda humanitaria, incluíndo acceso regular a vacinas.

O informe di que deben realizarse unha serie de accións fundamentais para deter a expansión da polio na rexión:

 

  • Conceder un acceso inmediato e sen trabas aos nenos menores de 5 anos aos que é difícil chegar dentro de Sirya.
  • Garantir o paso seguro dos traballadores sanitarios e protexer os vehículos médicos e os equipos que manteñen a cadea de frío dentro de Sirya.
  • Concienciar sobre a polio e a necesidade de vacinar a todos os nenos de menos de 5 anos en toda a rexión, varias veces.
  • Asegurar o financiamento necesario para levar a cabo repetidas roldas de vacinación a finais de 2014.


O noso traballo está lonxe de rematar. Nos próximos meses, temos que alcanzar a máis e máis nenos, especialmente aqueles aos que non chegamos debido á inseguridade e a violencia," conclúe Calivis.