Por que a infancia? Cooperación e liderado político para o futuro
A revista Política Exterior e UNICEF Comité Español resaltan a través da publicación deste caderno especial, o papel clave que a axuda oficial ao desenvolvemento tivo na loita contra a pobreza infantil e a necesidade de ofrecer á cooperación española a capacidade presupostaria e o liderado político que necesita.
Nesta publicación recompílanse tres artigos sobre o impacto da axuda oficial ao desenvolvemento en tres escenarios -Mauritania, Bolivia e Mozambique- asinados por Gonzalo Fanjul e publicados entre maio e decembro de 2013.
Como afecta a crise á infancia?
O cuarto artigo, de Javier Martos, Director Executivo de UNICEF Comité Español, trata sobre como afecta a crise á infancia nos países ricos.
"Sen unha conciencia constantemente revisada, renovada, centrada nos problemas que ameazan á infancia, non se asegurará un mínimo de benestar mundial", sinala no seu artigo.
Este caderno dixital enmárcase dentro dunha iniciativa conxunta entre Política Exterior e UNICEF que ten como propósito afondar sobre os dereitos da infancia e a cooperación internacional.