Premiada a campaña 'Lévaos á Escola' a prol de UNICEF

O pasado nadal ING Direct lanzou a súa campaña anual solidaria a favor de UNICEF "Lévaos á escola", cuxa presenza na rede sorprendeu polo seu carácter innovador, orixinal e creativo, xa que cun sinxelo xesto quen desexe colaborar pode facer realidade que un neno en Zambia, Etiopía ou Brasil poida acceder á escola.

Dende o lanzamento da acción a finais do 2011, ING Direct conseguiu recadar a través de "Lévaos á escola", máis de 300.000 euros a prol de UNICEF, manténdose activa a campaña de forma indefinida. Para colaborar só hai que entrar en www.llevalosalaescuela.com e descargarse a escola no teu móbil cunha pequena doazón (0,79 €). Nese momento, e colocando o móbil na pantalla, un neno sairá da web e entrará na pantalla do móbil para ir á escola.

O Festival Iberoamericano da Comunicación Publicitaria 2012 celebrado en Bilbao o 31 de maio ao 2 de xuño premiou a campaña "Lévaos á Escola" de ING Direct a favor de UNICEF España, realizada pola axencia de publicidade Ogilvy One.
  

Dende o ano 2005,ING Direct é un dos Aliados Internacionais deUNICEF máis importantes. A través do seu programa global Chancesfor Children, ING Direct colabora con UNICEF en proxectos a longo prazo que garante o dereito á educación dos nenos en situación vulnerable, despois de lograr dende o seu lanzamento a escolarización de máis de 600.000 nenos en países como Zambia,Etiopía, India e Brasil.