Presente e futuro dos nenos de Haití

Por Paloma Escudero, Directora Executiva de UNICEF España

Regreso a España tras unha semana moi intensa traballando con RNE, TVE, rtve.es, a AECID, Cruz Vermella e outras organizacións humanitarias coas que colaboramos, para que en España non se nos esqueza Haití, 16 meses despois do terremoto. Traballar man a man cos equipos de UNICEF e de Cruz Vermella en Haití supuxo unha lección permanente de profesionalidade e humanidade.

Estes días, pensaba máis que nunca como a prioridade de UNICEF por traballar cos máis pobres entre os pobres para garantir a Equidade, é clave para construír un novo Haití. Aquí, esa palabra tan fría'Equidade' ten rostro e corazón.Os niveis de miseria son inmensos, como só vin en contados países de África. O 70% dos nenos viven na pobreza, 240.000 nenos sofrendesnutrición crónica pero, o que é aínda máis grave, é que 22.000 nenos padecen desnutrición severa aguda.Visitando o asentamento de desprazados de Aviation Camp e un hospital no que se atenden os casos máis graves de desnutrición, a loita contra a desnutrición infantil cobrou máis sentido que nunca. Grazas aos tratamentos terapéuticos, aos postos de prevención de saúde en cada barrio o grao de desnutrición infantil non aumentou no país pero os niveis son tan elevados que hipotecan o futuro de miles de nenos. Estes días, a nosa Representante en Haití, Francoise Gruloos, cooperantes españois deUNICEF e eu mesma, temos intentando contar a través de RTVE como vive a infancia en Haití e como o apoio de tantas persoas en España está a axudar a que, cada día, poidamos falar de pequenos e decisivos avances. A España lévome os avances neste complexo traballo: asnovas escolas semipermanentes onde miles de nenos poden estudar e esquecer as tendas de campaña, os 1.400 nenos reunificados coas súas familias ou os case dous millóns de nenos vacinados.Pero tamén me levo ben gravada a miseria, os interminables asentamentos aínda con 800.000 persoas, a chuvia ata os xeonllos que inunda os campos cando cae ben forte e os nenos enfermos abandonados en hospitais porque as súas familias non poden mantelos.