Primeiro Congreso Cidades Amigas da Infancia en Sevilla

O Programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF España organiza os días 27 e 28 de outubro de 2011 en Sevilla o Primeiro Congreso de Cidades Amigas da Infancia.
 

O Congreso está destinado principalmente a representantes políticos, técnicos/as e membros de ONG ou entidades que traballen no ámbito social e, en concreto, con e para a infancia e adolescencia.

A lema do Congreso é "3 Ces en favor da Infancia: Cidadanía, Coordinación e Cooperación".
 

  • Cidadanía: para impulsar unha participación democrática de calidade nas políticas de infancia, con especial énfase no protagonismo dos nenos.
  • Coordinación: para optimizar ao máximo o aproveitamento dos recursos existentes.
  • Cooperación: para traballar xuntos na mesma dirección e con proxectos comúns.


Todo o que estea interesado en participar pode inscribirse a través deste formulario.

Participa no Primeiro Congreso Cidades Amigas da Infancia en Sevilla!