Protexemos á infancia en situación de emerxencia coa axuda da Xunta de Galicia

Nestes tempos de pandemia é fundamental garantir os dereitos dos nenos e nenas máis afectados

Una niña en Yemen durante la pandemia de COVID-19.
23/04/2021
 

Traballamos da man da Xunta de Galicia para atender as necesidades das poboacións afectadas polas emerxencias, impulsando o dereito a sobrevivir e a desenvolverse de todos os nenos e as nenas, sobre todo nestes momentos tan críticos de pandemia..

As necesidades humanitarias en países en guerra ou afectados por desastres naturais, impactan directamente na saúde física e mental, na educación e na protección da infancia; e se a isto engadimos a chegada dunha crise sanitaria como a que nos está deixando a COVID-19, a situación agrávase.

Moitos nenos vense afectados pola interrupción da vacinación rutineira e millóns de alumnos aínda non poden volver a clase polo peche das escolas.

Ademais, a inestabilidade económica está a alterar a prestación de servizos esenciais que fai máis difícil ás familias chegar a fin de mes, o que podería aumentar o risco de violencia doméstica e de xénero.

O obxectivo que nos marcamos para este año é chegar con axuda esencial a máis de 190 millóns de nenos e nenas en 149 países.

E xa estamos a traballar xuntos para conseguilo!

Desde UNICEF, temos previsto para 2021:

  • Tratar contra a desnutrición aguda grave a 6,3 millóns de nenos e nenas.
  • Vacinar contra o sarampelo a 27,4 millóns de nenos.
  • Dar acceso a auga potable para beber, cociñar e aseo a 45 millóns de persoas.
  • Proporcionar acceso a servizos de saúde mental e apoio psicosocial a 19,2 millóns de nenos e os seus coidadores.
  • Dar a 17 millóns de nenos e mulleres apoio relacionado coa violencia de xénero.
  • Apoiar a 93,3 millóns de nenos con educación formal ou informal, incluíndo educación temperá.
  • Entregar axuda en efectivo a 9,6 millóns de fogares.