Protexer a infancia das enfermidades nos campamentos de refuxiados de Kenya

Por Manuel Moreno, Especialista en Comunicación de UNICEF Kenia

É moi temperán nos refuxios do campamento de Hagadera, no nordés de Kenya, e Mohamed Shorie xa está a traballar como promotor de hixiene, rodeado de tres familias do Bloque B 0 C. No que parece só cuestión de segundos, chegaron polo menos 20 persoas máis, a maioría mulleres e nenos, interesados en escoitar o que di. Coa axuda dun neno da comunidade, Mohamed demostra a importancia de manter unhas boas prácticas de hixiene, en particular olavado de mans con xabón en momentos moi concretos: despois de ir ao baño e antes de comer ou preparar a comida. Hai un total de 73 promotores locais de saúde comoMohamed, traballando con CARE, ONG aliada de UNICEF, repartidos entre os tres campamentos que forman Dadaab: Hagadera, Ifo eDagahaley.

 
A IMPORTANCIA DA HIxIENE NA LoitA CONTRA ENFERMiDADES
Unha media de1.300 refuxiados somalís chega a diario a Dadaab, a 100 quilómetros da fronteira. A poboación total de Dadaab superou as400.000 persoas e o amoreamento, a deterioración das condicións esenciais e as enfermidades poden gañar unha forte presenza e estenderse rapidamente entre toda a poboación se non se realizan actividades de saneamento e hixiene. Co fin de evitalo, UNICEF puxo en marcha nos campamentos e nos seus arredores, a través deCARE, actividades de promoción do saneamento e a distribución de subministracións relacionadas coa auga, dirixidas a 90.000 persoas. Ata a data, case 11.000 persoas recibiron mensaxes de promoción da hixiene, pastillas de xabón e bidóns para o almacenamento seguro da auga.Demostrouse que as boas prácticas de hixiene e o lavado de mansreducen a incidencia de enfermidades como a pneumonía, o tracoma, a sarna, as infeccións da pel e os ollos, e as enfermidades diarreicas como a cólera e a disentería. A aparición de calquera destas enfermidades nos campamentos amoreados significaría unha dobre traxedia para os que xa sofren por unha crise humanitaria profunda e crecente.
UN REFUxIADO AxUDA A CENTOS DELeS
EnHagadera hai 126 bloques nos que se rexistraron para vivir máis de 125.000 refuxiados. Mohamed, de 22 anos, é un deles. Vive coa súa nai, pai, tres irmáns e dúas irmás no bloque A3. Todos eles se encontraban entre as primeiras familias somalís que chegaron durante a guerra civil de Somalia en 1992.Mohamed non pode recordar a cantas familias chegou durante os dous anos en que traballou como promotor de saúde, pero o fai a unha media de 12 casas ao día. A pesar da demanda da súa axuda, é consciente da importancia de pasar un tempo coas familias e de facer un seguimento periódico para que a mensaxe sexa máis eficaz. "Imos pouco a pouco, pouco a pouco... Ves! É como no colexio, tes a escola primaria e secundaria, non se aprende todo á vez e, por suposto, non cambia o teu comportamento nunha noite.Mobilizámonos e dicímoslle á comunidade como deter as enfermidades... e inshallah(se Deus quere) teremos éxito", asegura. 
 
 
chEGANDO AOS MÁiS VULNERABLES
Unha das refuxiadas que se beneficia destas accións é Ayan Abderramán. Ayan, de 26 anos, é nai dunha nena e un neno, de seis e cinco anos respectivamente. Chegaron aquí fai catro meses procedentes de de Mogadiscio, fuxindo da guerra e a fame nun convoi de cinco coches.
 
Despois de tres semanas de perigos na estrada, Ayanrecibiu unha tarxeta de identificación de refuxiada que lle permite recibir alimentos dúas veces ao mes, así como artigos de cociña, mantas e produtos sanitarios.
 
"Estivemos con promotores de saúde máis de tres veces e tratamos de seguir os seus consellos. É (a hixiene) unha mensaxe boa porque significa que nos estamos a desenvolver", explica Ayan.
 
UNICEF xa proporcionou 5.000 pastillas de xabón, máis de 2.150 bidóns de auga potable, 4.000 cubos con tapa para manter a auga limpa, 100.000 pastillas de cloro para a desinfección da auga no fogar, e oito bidóns de cloro en po para manter as fontes de auga.
 
Isto é só o apoio inicial, o primeiro enfoque, pero queremos mellorar moitas áreas, incluíndo a formación dos promotores da hixiene", sinalaJohn Obisa, de UNICEF, que lidera a iniciativa sobre cambio de hábitos.
 
Ademais,UNICEF céntrase en garantir a seguridade da auga nos fogares. "A auga está xa tratada, pero como a xente tira os bidóns á terra hai moitas posibilidades de contaminación. É unha práctica que os equipos intentan que cambie e, mentres, promoven a desinfección periódica dos bidóns", engadeObisa.
 
Entre outros proxectos, UNICEF instaloupuntos de auga para chegar aos refuxiados que van a pé dende a fronteira ao longo das tres rutas principais deDadaab, en colaboración co Consello Danés para os Refuxiados. Só esta contribución garantiu que ata a data se subministrasen 20.000 litros de auga potable a uns 1.670 refuxiados en tránsito, alcanzando o requisito mínimo diario de 15 litros por persoa.UNICEF tamén apoiará acreación de oito pozos adicionais nos campamentos de refuxiados de Daadab, o que beneficiará a uns100.000 refuxiados. Esta combinación de subministracións e educación sanitaria pode supoñer unha barreira fundamental ás enfermidades a medida que máis e máis persoas se ven afectados polo empeoramento da situación en Somalia e a seca das rexións afectadas de Kenya.