Que está a pasar en Sudán do Sur?
Hai nenos morrendo por desnutrición en Sudán do Sur.
A falta de alimentos (a desnutrición) é a primeira causa de mortalidade infantil nos campos de desprazados, pero... a emerxencia humanitaria neste novo país africano segue sen abrir informativos, nin ocupar portadas.
É a primeira vez na historia das Nacións Unidas que hai 5 países en situación de emerxencia humanitaria de nivel 3, o nivel máis alto que se lle pode dar a unha emerxencia. Non hai precedentes. E un deses estados é Sudán do Sur, con tan só tres anos de vida. Unha rexión que non pode esperar máis:
- 50.000 nenos menores de 5 anos poderían morrer de desnutrición en Sudán do Sur se non reciben alimentos para salvar as súas vidas.
O número estimado de nenos que sofren desnutrición aguda dobrouse dende que o conflito empezou (de 108.000 en 2013 a preto de 250.000 nenos en 2014).
UNICEF e outras axencias internacionais advertimos que o país se enfronta a unha posible fame se o acceso das subministracións e a axuda segue bloqueado e se os agricultores desprazados non poden volver á casa. - Hai falta auga e alimentos en todo o país. E mentres continúan os combates, os nenos están cada vez máis ameazados polas enfermidades e a desnutrición, e polo recrutamento forzado en grupos armados.
Sudán do Sur: como se chegou a esta situación?
Encóntrase no centro de África e fai fronteira con 6 países (República do Congo, República Centroafricana, Sudán, Etiopía, Kenya e Uganda). É unha rexión rica en petróleo, pero despois de décadas de guerras e conflitos é un dos países menos desenvolvidos do mundo.
Dende que os enfrontamentos entre o goberno e as forzas rebeldes estalaron en decembro de 2013, 1,7 millóns de persoas víronse obrigadas a fuxir dos seus fogares. 1,3 millóns desprazáronse a lugares máis seguros dentro de Sudán do Sur e 442.600 refuxiáronse en países veciños. Máis da metade dos refuxiados e desprazados internos son nenos.
O que comezou como un episodio de disputas políticas relacionadas coa corrupción converteuse nun conflito inter-étnico cun elevado nivel de tensións e violencia sobre a poboación civil.
O exército dividiuse e houbo enfrontamentos en todo o país. Tamén se deron asasinatos en masa entre diferentes etnias e as forzas rebeldes fixéronse coa cidade clave de Bentiu, capital do estado de Unity e principal reserva de petróleo do país.
Sudán do Sur: un fráxil acordo de paz
A pesar de lograrse este acordo, déronse poucos pasos para previr a violencia sobre os civís, que seguen asustados, fuxindo e refuxiados en campos de desprazados en cada vez condicións máis precarias.
Podes encontrar máis información sobre Sudán do Sur:
Preguntas e respostas ante unha posible fame en Sudán do Sur
Como podes axudar os nenos de Sudán do Sur?
Que é unha fame e como podemos evitala en Sudán do Sur?
Axuda a evitar a fame en Sudán do Sur
Post de Aida Sánchez Ramos, editora web e community manager de UNICEF Comité Español