Quédannos 1.000 días exactos para cumprir os ODM
Mirando ao futuro, sen esquecer os compromisos presentesPor Sara Collantes, Responsable de Políticas de Infancia e Desenvolvemento de UNICEF España
Estamos nun momento crítico. Dun lado, tempo de análise, reflexión e proxeccións de futuro que se están a canalizar a través do proceso mundial de consultas do post-2015, pero, á par, unha oportunidade histórica para lograr as metas actuais dos ODM, as que nos marcamos en 2000. Un ano no que durante o cumio de dirixentes máis numeroso da historia xurdiu o compromiso de cumprir uns obxectivos concretos e medibles que conseguiron cambios reais na vida de miles de millóns de nenos no mundo.
Os ODM non son obxectivos abstractos ou meramente inspiradores.Constitúen unha fórmula novidosa e eficaz de avanzar no desenvolvemento e na loita contra a pobreza. Conteñen aspectos mellorables, pero isto non lles resta mérito: conseguiron que deixemos de facer retórica en torno á fame e a pobreza nos grandes cumios e declaracións a través de promesas pouco palpables, para empezar a perseguir avancesconcretos.
Avancesque, dunha forma máis sistemática e estratéxica e en clave de
cambios específicos, poidan verse reflectidos na vida
diaria de moitos nenos e das súas familias: aumento das
posibilidades de conservar a vida, acceso á auga potable e
latrinas, educación de calidade e en condicións de igualdade,
asistencia sanitaria no parto, mosquiteiras para evitar contaxio
por malaria, tratamento de VIH-SIDA...
Isto debe seguir
acontecendo. Por iso, os 1.000 díasque quedan a partir de
hoxe 5 de abril ata o fin de 2015 deben ser 1.000 días de
acción comprometida e decidida por parte dos gobernos.
Esta acción é particularmente importante neste contexto de
crise global que está resultado desvastadora para a
infancia e para os fogares máis pobres do mundo e retardando os
progresos.
a iniciativa 1.000 días
Debemos faceloporque a vida e o desfrute dos dereitos máis básicos de moitos nenos do mundo depende diso, sobre todo nas comunidades máis pobres, a maioría das cales non se beneficiaron aínda dos avances conseguidos ata agora.
Como explicaba o máximo representante de Nacións Unidas, "unha viaxe de 1.000 quilómetros comeza co primeiro paso. A partir desta semana podemos avanzar 1.000 días cara a un futuro novo".