"Quero volver á casa e esquecer o que pasou"
Nyabiel Meleir, de 26 anos, viu a súa vida cambiar drasticamente hai catro meses.
Despois de perder o seu marido no conflito deSudán do Sur, tivo que fuxir de casa co seu único fillo Ban, de tres anos, e encontrar refuxio no campamento Tompingpara desprazados, onde viven 21.000 persoas en condicións moi duras. "O meu marido morrera e vin como asasinaban o seu irmán diante do meu. Eu sobrevivín e o único que podía pensar era no meu fillo. Quero que viva. Non sei se algunha vez serei capaz de volver á casa e esquecer o que pasou".Nyabiel está a loitar para que o seu fillo estea san, pero o acceso a auga potable é difícil e as subministracións de alimentos son limitadas.A pesar do acordo de cesamento de hostilidades en xaneiro de 2014, os brotes de violencia continuaron nas principais cidades de Sudán do Sur, provocando ondadas dedesprazamentos.En total, máis dun millón de persoas víronse obrigadas a abandonar os seus fogares e 429.000 nenos como Ban son vulnerables a múltiples ameazas.
Sudán do Sur: os nenos en grave perigo
Os nenos de Sudán do Sur están a ser vítimas da violencia e odesprazamento masivo polo conflito inter-étnico que se desatou neste novo país endecembro de 2013.Os nenos enfróntanse a un grave perigo porque se encontran no medio dos combates ou fuxiron das súas casas e necesitan, urxentemente, alimentos, refuxio e protección.UNICEF traballa en Sudán do Sur dende1989. Actualmente, hai 154 membros de UNICEF, pero xa se están a despregar máis operarios para reforzar os programas humanitarios no país.
Ata a data, logrouse
proporcionar auga, hixiene e saneamento a214.500 desprazados, vacinousecontra o sarampelo a 186.294 nenos e13.842 nenos con desnutrición severa aguda están a
recibir tratamento, entre outros
logros.
Pero UNICEF segue necesitando de xeitourxente preto
de 55 millóns de euros para dar resposta ás
necesidades dos nenos de Sudán do Sur durante 2014.