A Radio Televisión Canaria únese a 'Cumpledías'

Radio Televisión  Canaria (RTVC)  dedica, por segundo ano consecutivo, unha semana de contidos a UNICEF España e a súa campaña contra a desnutrición infantil Cumpledías.

Do 17 ao 24 de decembro sucederanse os espazos dedicados ao traballo de UNICEF coa infancia máis vulnerable nos países en desenvolvemento, así como as entrevistas con voceiros deUNICEF na televisión e a radio autonómicas.  

A campaña conta coacolaboración da artista lanzaroteña Rosana, que participará na promoción desta. Ao longo da semana, algúns dos presentadores da cadea lanzarán tamén mensaxes de apoio. A semana especial de programación conclúe con chamamentos especiais na Gala de Noiteboa.

'CUMPLEDÍAS'

Dos 6,9 millóns de nenos menores de cinco anos quemorreron en 2011 por causas que se poden evitar,máis dun terzo están relacionadas directa ou indirectamente coa desnutrición, que é o resultado da inxestión insuficiente de alimentos (en cantidade e calidade), a falta dunha atención axeitada e a aparición de enfermidades infecciosas. A desnutrición crónica, que afecta a uns180 millóns de nenos menores de cinco anos en todo o mundo, non ten cura, pero pódese previr con medidas sinxelas como a achega de vitaminas e minerais esenciais, o fomento da lactación temperá exclusiva ata os 6 meses de idade ou a promoción de hábitos de hixiene, como o lavado de mans.Cumpledías parte da base de que, a pesar de que todos os nenos do mundo teñen dereito a cumprir anos e a desenvolver todo o seu potencial, a desnutrición os pon nunha situación tan vulnerable que cumprir días é todo un reto e un gran logro a este tempo. Ata o momento, Cumpledías xa conta co apoio de medios de comunicación de toda España e máis de 300 empresas e entidades deportivas. Calquera persoa pode participar na campaña enviando un SMS coa palabra UNICEF ao 28028. Cada SMS enviado equivale ao custo dun día de tratamento contra a desnutrición aguda para un neno. O tratamento completo, o que saca un neno da desnutrición, dura entre 4 e 6 semanas e custa uns 42 euros.