A Radiotelevisión Valenciana comprométese con 'Cumpledías' e a desnutrición infantil
A Radiotelevisión Valenciana (RTVV) está a ofrecer, dende o 22 de novembro, unha programación solidaria a favor de UNICEF con motivo da campaña Cumpledías contra a desnutrición infantil.
Radio 9 e Canle 9 están a apoiar esta campaña coa cesión de espazos nos seus medios para emitir as cuñas radiofónicas e anuncios de campaña, así como difundindo contidos a través de reportaxes e entrevistas a persoal de terreo de UNICEF co obxectivo de concienciar á sociedade valenciana da gravidade da desnutrición infantil e a importancia da axuda.
'CUMPLEDÍAS' contra a desnutrición infantil
Dos 6,9 millóns de nenos menores de cinco anos que morreron en 2011 por causas que se poden evitar, máis dun terzo están relacionadas directa ou indirectamente coa desnutrición, que é o resultado da inxestión insuficiente de alimentos (en cantidade e calidade), a falta dunha atención axeitada e a aparición de enfermidades infecciosas. A desnutrición crónica, que afecta a uns180 millóns de nenos menores de cinco anos en todo o mundo, non ten cura, pero pódese previr con medidas sinxelas como a achega de vitaminas e minerais esenciais, o fomento da lactación temperá exclusiva ata os 6 meses de idade ou a promoción de hábitos de hixiene, como o lavado de mans.Cumpledías parte da base de que, a pesar de que todos os nenos do mundo teñen dereito a cumprir anos e a desenvolver todo o seu potencial, a desnutrición os pon nunha situación tan vulnerable que cumprir días é todo un reto e un gran logro a este tempo. Ata o momento, Cumpledías xa conta co apoio de medios de comunicación de toda España e máis de 300 empresas e entidades deportivas. Calquera persoa pode participar na campaña enviando un SMS coa palabraUNICEF ao 28028. CadaSMS enviado equivale ao custo dun día de tratamento contra a desnutrición aguda para un neno. O tratamento completo, o que saca un neno da desnutrición, dura entre 4 e 6 semanas e custa uns 42 euros.