A reconstrución dunha escola en Haití
"Durante o terremoto, eu estaba diante do despacho da dirección. Oín un ruído. Parecía coma se un avión se tivese estrelado contra o colexio. Entón, un muro caeu sobre min e quedei sepultada. A escola derrubouse. Afortunadamente, era o segundo día de clase e varios alumnos xa se foran. Durante toda a tarde houbo labores de rescate para intentar salvar os nenos. Uns cincuenta morreron", conta a irmá Yola Norélus, Directora do Colexio St-Gérard, situado no distrito Carrefour-Feuilles, situado nos outeiros de Porto Príncipe.
Cando YolaNorélus nos conta o terremoto do 12 de xaneiro de 2010, é coma se tivese sucedido o día anterior. "Xusto acababamos de engadir un piso. Pintaramos, fixeramos moitos gastos". A escola que se derrubou tiña 13 clases e acollía 1.600 estudantes.
Mesmo antes de que se tivesen retirado os entullos, a escola reabriu as súas portas ao aire libre. "Continuamos a nosa actividade a principios de maio de 2010. O
gobernopedira que fose o 5 de abril, pero non tiñamos os medios para facelo. Non tiñamos nin carpas nin mesas".En maio de 2011, os nenos por fin puideron acudir ás 13 novas clases construídas porUNICEF. A Directora estaba satisfeita coa súa nova escola: "Está ben, é espazosa, todo o mundo que a visita di que está moi ben, que non vai demasiada calor. Ademais, é resistente aos sismos e aos ciclóns. E temos 12 cuartos de baños e auga. " Hoxe en día, a escola ten 1.200 estudantes. "Algúns desprazáronse, perderon os seus fogares e xa non volveron ao barrio. Pouco a pouco, os nenos volverán, comenta a Directora.
Christophe Amboise, de 11 anos, vai á escolaSt-Gérard este ano. A súa antiga escola destruíuse durante o terremoto. A súa nai, Marie-Rose, é a que elixiu que viñese aquí: Encántanos porque todo está en orde e está ben construído. Terá unha boa educación. "