A recuperación de Haití debe garantir o acceso aos servizos esenciais para todos os nenos
Un ano despois do violento terremoto que azoutou Haití, os algo máis de catro millóns de nenos que viven no país continúan sufrindo a desigualdade no acceso a servizos básicos de auga, hixiene, saneamento, atención sanitaria, educación e protección. Ademais, máis dun millón de persoas, das que unhas 380.000 son menores, viven en campamentos de desprazados.
[]
“Son sobre todo os nenos os que sufriron e seguen
sufrindo enormemente a causa das sucesivas emerxencias que se
produciron en 2010, e aínda non puideron gozar plenamente
do seu dereito á supervivencia, a saúde, a educación e a
protección”, sinalou a Representante de UNICEF en Haití, Francoise
Gruloos-Ackermans.
Aínda que as accións de emerxencia e reconstrución despregadas
polos haitianos e a comunidade internacional foron excepcionais, oproceso de recuperación do país caribeño apenas está
comezando, segundo o informe Los niños y niñas de Haití. Un año después: el largo camino del
socorro a la recuperación (Os nenos e nenas de Haití. Un ano
despois: o longo camiño do socorro á recuperación), que
acaba de lanzar UNICEF con motivo do primeiro aniversario do
terremoto do 12 de xaneiro de 2010.
“Segue habendo deficiencias importantes e queda
moito por facer, en colaboración con Nacións Unidas, as
ONG’s, o sector privado, a sociedade civil e os aliados do Goberno
haitiano, para garantir que estamos cumprindo os nosos compromisos
cos nenos e as mulleres, incluíndo o compromiso de resolver a
situación das persoas que continúan desprazadas polo terremoto e
dos habitantes das zonas rurais que loitan para satisfacer ás súas
necesidades cotiás”, asegurou Gruloos-Ackermans.
A acción de UNICEF en Haití
[]
UNICEF está traballando desde o primeiro día para apoiar os
afectados e para contribuír á reconstrución de Haití co obxectivo
de que os nenos teñan acceso aos seus dereitos fundamentais.
En auga, hixiene e saneamento. No momento álxido da
emerxencia, UNICEF e os seus aliados distribuían 8,3 millóns de
litros de auga potable a unhas 680.000 persoas a diario. Desde a
aparición do brote de cólera en setembro, está subministrando case
11 toneladas de cloro e máis de 45 millóns de pastillas
potabilizadoras de auga para garantir o abastecemento de
auga potable a tres millóns de persoas en Porto Príncipe e os seus
arredores. Por outra parte, UNICEF instalou máis de 11.300
latrinas das que se benefician máis de 800.000 persoas.
En educación. UNICEF e os seus aliados contribuíron,
mediante campañas públicas e a adquisición de tendas e materiais
educativos e a asignación de recursos, a que uns 720.000
nenos poidan volver á escola ou incluso asistan á mesma
por primeira vez.
En nutrición. UNICEF está subministrando suplementos
nutricionais para os nenos e nais máis vulnerables. Igualmente,
prestou orientación e información sobre nutrición a uns
102.000 nenos e 49.000 nais a través dunha rede de 107
tendas de campaña ‘amigas da infancia’.
En saúde. Case dous millóns de nenos foron
vacinados de polio, difteria e xarampón en campañas
lanzadas por UNICEF, a Organización Mundial da Saúde (OMS) e os
seus aliados. Ademais, distribuíron 360.000 mosquiteiras tratadas
con insecticida a máis de 163.000 fogares.
En protección infantil. Preto de 95.000 nenos
acoden a Espazos Amigos da Infancia, que ofrecen
actividades recreativas e apoio psicosocial. Por outra parte,
logrouse rexistrar a case 5.000 nenos e reunificalos coas súas
familias a 1.265. Finalmente, UNICEF iniciou accións de prevención
e resposta á violencia de xénero e o tráfico infantil.
A contribución en España
Doantes públicos e privados españois involucráronse amplamente
con Haití. Un total de 98.000 persoas, empresas e outras
entidades privadas, caixas de aforros e Administracións autonómicas
e locais achegaron 11,9 millóns de euros ao traballo de
UNICEF para paliar os efectos da emerxencia sobre a
poboación e para a recuperación do país caribeño.
As 98.000 doazóns privadas supuxeron máis de dez millóns de
euros e, por parte de Administracións autonómicas, concellos e
caixas de aforros, UNICEF recibiu máis de 1,8 millóns de euros para
os seus programas en Haití.
A estas achegas sumáronse dez millóns de euros que o
Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación destinou
aos programas de UNICEF para cubrir as necesidades da infancia en
Haití e abordar unha recuperación a longo prazo que garanta o
acceso dos nenos haitianos a dereitos tan básicos como a
supervivencia, a saúde, a educación e a protección.
Artigo de Paloma Escudero, Directora Executiva de UNICEF España, sobre a situación de Haití: Haití es cosa de todos (Haití é cousa de todos)