Relevo na Presidencia de UNICEF España

Consuelo Crespo, voluntaria dende hai 20 anos en UNICEF Comité Español, os últimos oito como presidenta, cesa no seu cargo tras un período no que se produciu unha transformación relevante de todas as áreas da organización co obxectivo de profesionalizala e abordar os cambiantes retos da infancia e da cooperación para o desenvolvemento. Substitúeo no cargo o diplomático Carmelo Angulo.

 

Nestes últimos 8 anos reforzáronse as accións parapromover en España adefensa dos dereitos dos nenos, incidindo no desenvolvemento de lexislacións e prácticas que garantan a súa máxima protección.

Durante o mandato deConsuelo Crespo creceu a presenza social deUNICEF en España e logrouse unmaior compromiso e apoio dende todos os ámbitos da nosa sociedade para avanzar no cumprimento dos dereitos da infancia. Multiplicáronse as alianzasco sector privado e intensificouse o traballo cossocios, que pasaron de 167.000 en 2005 a 282.000 en xaneiro de2014.

Grazas a este grande apoio, nestes oito anos UNICEF Comité Español achegou 279 millóns de euros aosprogramas de saúde, educación eprotección dos nenos que viven en situación deexclusión e extrema pobreza no mundo, así como aemerxenciasocasionadas por catástrofes naturais, fames ou conflitos armados que sucederon nestes últimos anos, como o terremoto deHaití, a fame no Corno de Áfricaou as emerxencias máis recentes de Sirya eFilipinas.[]
 
Xunto a Consuelo Crespo, en cumprimento dos Estatutos deUNICEF Comité Español, finalizan tamén o seu mandato o vicepresidente, Juan Ignacio de la Mata; o secretario,Enrique Piñel; o tesoureiro, José Luis Herrero; e os vogais, María Luisa Cancela e Ángel Escudeiro.

Todos eles se sumaron ás palabras de Consuelo Crespo, quen na súa despedida sinalou que "nunca deixarei de traballar para que se coñezan as causas e as consecuencias da pobreza e así, sumar forzas para que as carencias se convertan en oportunidades. Pero nesta etapa que hoxe se pecha non quero deixar derecordar a cada socio e a cada doador deUNICEF que está a contribuír a untraballo que salva vidas, que ataca as causas da pobreza e que impulsa o desenvolvemento a través doinvestimento na infancia, intentando conseguir unmundo mellor para todos".
 

o diplomático Carmelo Angulo, novo presidente  

En substitución de Consuelo Crespo, o Padroado de UNICEFComité Español elixiu, tras o correspondente proceso electoral, a Carmelo Angulo como novo presidente.Carmelo Angulo sinalou tras a súa elección que recibimos do equipo saínte un legado ordenado e en crecemento, polo que se impón unha tarefa decontinuidade e adaptación aos novos retos da infancia que, aínda no século XXI, segue enfrontándose a conflitos e privacións que violan os seus dereitos e a unha pobreza extremaque provoca traxedias diarias en millóns de familias".

Potenciar a captación denovos socios, reforzar ao máximo adifusión de mensaxes de alto contido e impacto acordes co mandato de UNICEF e o momento que vive a infancia en España e a nivel global, e manter o acento na eficacia e atransparencia son algunhas das claves danova Presidencia de cara aos próximoscatro anos.[]
 
Licenciado en Dereito e Relacións Internacionais, Carmelo Angulo está vinculado dende hai máis de 30 anos ádiplomacia (foi embaixador de España en Bolivia, Colombia, Arxentina e México), o ensino universitario, o traballo solidario e a cooperación internacional para o desenvolvemento.

Tivo dende os anos 90 unha forte vinculación co Sistema das Nacións Unidas, a quen representou durante oito anos en Nicaragua e Arxentina.

Desenvolveu así mesmo fortes lazos con UNICEF, nacidos do traballo conxunto sobre o terreo cos seus representantes e os seus programas. Épatrón de UNICEFComité Español dende 2013, director do Instituto para a Cooperación e o Desenvolvemento Humano da Universidade Camilo José Cela e coordina o Plan Nacional de Empresas e Dereitos Humanos na Oficina de Dereitos Humanos do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación.

Xunto a el, formarán parte do novo equipo de goberno de UNICEF ComitéEspañol: Juan José Almagro, vicepresidente 1º; Carina Szpilka, vicepresidente 2º;Mercedes Temboury, tesoureira;Juan Ignacio Zabía, secretario xeral; eMaría Antonia Caimari, Francisco Javier Gonzalo e Manuel Sández, vocais.